Skip to Content

A nosa biblioteca

CLUB DE LECTURA AMIGOS E AMIGAS DE HELIES

O alumnado do club de lectura elexiron estas para o último trimestre do curso, pronto nos contarán se lles gustou e as súas suxerencias.

PLATAFORMA DIXITAL ELBE-2


E-LBE.2 é un novoservizo que poderán ofrecer as bibliotecas escolares dos centros educativos galegos de titularidade da Consellería, integrados no PLAMBE.Trátase dunha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais que enriquecerá as coleccións das bibliotecas escolares cun volume inicial demáis de 3000 títulos que estarán dispoñibles para ler en pantalla, en todo tipo de dispositivos (computador, e dispositivos móbiles), en calquera momento e lugar, para todos os usuarios e usuarias (profesorado, alumnado e familias) que conten con carnet de usuarios das bibliotecas escolares.

Os fondos de E-LBE.2 son variados, actuais e están seleccionados atendendo aos criterios que, en xeral, seguen as bibliotecas escolares galegas.A selección, xestión e control dos contidos, e a súa actualización
coordínanse desde a asesoría de bibliotecas escolares:

-
Coleccións con temáticas específicas: aprendizaxe de idiomas, robótica, saúde, nutrición, apoio a materias, acceso a revistas e literatura para todos os ciclos e etapas, entre outras.

-
Catálogo intelixente: Recomendacións de lectura a medida que vai coñecendo os gustos dos/as usuarios/as.

-
Módulo de accesibilidadepara axudar aos lectores: tipografía específica para dislexia e lectura en audio de todos os libros dispoñibles.

-
Lectura en calquera momento e lugar: accesible 24/7 e modalidade de lectura online e offline, o que permite ler sen conexión.

-
Acceso desde 6 dispositivosdiferentes e sincronización no último punto de acceso, permitindo tamén ás familias poder disfrutar desta solución.

-
Estatísticas de lectura en tempo real.

PREME AQUÍ PARA ACCEDER Á PLATAFORMA

RECOMENDACIÓNS DO ALUMNADO POLO DÍA DO LIBRO

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

OS NENOS E NENAS DE CADA AULA,  ELIXE O TÍTULO DUN LIBRO PARA RECOMENDARLLO AO RESTO DO ALUMNADO DO  CENTRO.

RECOMENDACIÓNS

    HELIES PROPÓN QUE CADA AULA NOS AMOSE A SÚA

RECOMENDACIÓN LECTORA.

ESPERAMOS ANSIOSAS AS VOSAS PROPOSTAS

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

8 DE MULLER

Helies preséntanos, unha escolma de libros para traballar

o DÍA DA MULLER.

DÍA DE ROSALÍA

Recentes estudos concluíron que o 23 de febreiro é o día que naceu Rosalía por eso se traslada a conmemoración do 24 ao 23.

Este ano o EDL propón o traballo do poema "DENDE AQUÍ VEXO UN CAMIÑO" para relacionalo co proxecto documental proposto desde a biblioteca "ENCAMIÑARSE"

Algúns dos recursos que propón o EDL:

  • Lectura do poema e dúas versións musicadas

http://bitaculas.as-pg.gal/sondepoetas/2021/02/02/dende-aqui-vexo-un-camino-rosalia-de-castro/

  •  Vídeo do poema musicado polo grupo Dezapal

     https://www.youtube.com/watch?v=6RJ56sp3Z-E

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Día da Amizade

SORPRESA!!!

CHEGARON Á BIBLIO UNS AGASALLOS DA ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES.

MOITAS GRAZAS!! ÍMOLAS ENCHER CON PROPOSTAS MOI, MOI INTERESANTES.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut