Skip to Content

A nosa chave

CANCIÓN "EU QUERO SER UNHA ÁRBORE"

     Aquí vos deixamos a canción "Eu quero ser unha árbore" coa que o CEIP Otero Novas de Cortegada gañou o primeiro premio do certame "Quero cantar". Pensamos que pode ser útil para traballar o día da árbore.

 

VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

GENIALLY ROSALÍA DE CASTRO

     Aquí vos deixamos un Genially sobre a vida de Rosalía de Castro realizado por varios centro de ensino de Galicia para conmemorar o día da autora galega (24 de Febreiro).

     Esperamos que vos guste.

VIDA DE ROSALÍA DE CASTRO Draw My Life

     Nesta entrada poderedes acceder a un DRAW MY LIFE coa vida de Rosalía de Castro narrado por unha alumna do colexio Ourensán San Pio X.

 Esperamos que o disfrutedes.

O ENTROIDO EN GALICIA

     Desta volta deixámosvos unha entrada fantastica do blog de audición e linguaxe do CRA de Abegondo sobre o ENTROIDO EN GALICIA.

                  ENTROIDO

 

     Esperamos que a disfrutedes e BO ENTROIDO!!!.

CANCIÓN DÍA DA PAZ 2021

     Aquí vos deixamos o vídeo da canción "QUÉROTE MÁIS"  do grupo musical O SONORO MAXÍN. Elixida para conmemorar o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ neste curso escolar 2020 2021 no noso centro educativo.

                               Imaxe Paz

     Esperamos que vos guste.

GUÍA DE XOGOS E XOGUETES PARA A IGUALDADE

     Agora que se acercan estas festas cheas de agasallos para os máis pequenos e pequenas queremos compartir con vós unha guía elaborada alá polo ano 2017 polos compañeiros e compañeiras do CEIP Xesús San Luis Romero. Esperamos que vos sexa útil.

 

    BOAS FESTAS E MOITA CAUTELA!!!!.

NADAL 2020 - VÍDEOS

     Agora achegámosvos dous vídeos de temática propia do Nadal:

  • En primeiro lugar unha divertida panxoliña do Xabarín e da súa Xababanda. A letra da canción está apoiada con Pictogramas de ARASAAC para que, se vos parece boa idea, a poidades utilizar polo día da Discapacidade que xa pronto chega.

                          

 

 

  • En segundo e último lugar tamén vos deixamos un divertido episodio dos Bolecas titulado: "PANXOLIÑAS ACATARRADAS". Para rir un anaco...

               Bolechas

NADAL 2020 - XOGO LIM

     Xa está moi preto o Nadal!!! e... por iso vos deixamos un divertido xogo Lim para traballar o vocabulario propio destas festas.

     Esperamos que sexa do voso agrado.

                             

POEMA PARA O MAGOSTO 2020

       Tamén nos gustaría deixarvos un POEMA, tamén empregado como xogo de nenos e nenas, recollido por MARCIAL VALLADARES para traballar no MAGOSTO 2020: 

POEMA MAGOSTO

Distribuir contido


by Dr. Radut