Skip to Content

A nosa biblioteca

DIA DAS ESCRITORAS

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

DÍA DAS ESCRITORAS

 

Escribir a BIBLIOTECA ESCOLAR

Ver coa imaxinación ou volver ver por medio da memoria é o patrimonio da escritura. 
 
Ernaux, Annie. El Acontecimiento.
 
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022/2023. O lema elixido, ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.

 

A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2022-2023 é obra da calígrafa, deseñadora gráfica e mestra de talleres de caligrafía e lettering Belén L. Méndez coñecida como nacu, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en  obradoiros.
 
 
A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:
- Escribir para saber, para aprender.
- Escribir para comunicar e comunicarnos.
- Escribir relatos, historias.
- Escribirnos, coñecernos a través da escrita: diarios, axendas,  biografía...
- Escribir xuntos en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros, wikis…
- Escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía…
- Escribir para deixar pegada e preservar a memoria individual e colectiva.
- Escribir para incluír e visibilizar.
- Traducir.
- Reescribir, versionar e adaptar.
- Escribir no audiovisual: guións, escaletas.
- Escribir para  estimular a creación.
 

 

ESTAMOS DE VOLTA

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

MERENDOLA NO CLUB DE LECTURA

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLO VOSO TRABALLO NO CLUB DE LECTURA DURANTE O CURSO!!

PDI: ENCAMIÑARSE

EL CLUB DE LOS ESPECIALES

CLUB DE LECTURA AMIGOS E AMIGAS DE HELIES

 


O grupo Soños e palabras leu no segundo trimestre o libro ENTRADA e fixeron estas RECESIÓNS.
Moitas grazas!!

LETRAS GALEGAS 2022

NO BLOG DO EDL A NOSA CHAVE TEDES INFORMACIÓN E XOGOS PARA SABER MÁIS DA VIDA E OBRA DO HOMENAXEADO

CLUB DE LECTURA

O EQUIPO DA MAFIA LECTORA COMENTA PARA NÓS NUNHA CONVERSA INFORMAL AS SÚAS REFLEXIÓNS SOBRE O LIBRO MALAMANDRA.

Distribuir contido


by Dr. Radut