Skip to Content

A nosa biblioteca

OUTONO

O outono a piques de rematar ...

CONTOS POLA IGUALDADE

Dentro das actividades da Consellería de Igualdade do concello de Ourense con motivo do Día internacional para a eliminación da violencia contra as Mulleres disfrutamos de dous epectáculos: o alumnado de 5º e 6º de Educación infantil O rato Fuco da compañía Trinke Trinke Teatro e o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, Amor que corte, a cargo da compañía ISEO A MOURA.

Os nenos e nenas pasáronno XENIAL! 

 

MALETA CREATIVA

Durante un mes disfrutamos do interesante contido da maleta creativa que solicitamos ao CFR de Ourense. Pronto incorporaremos algún deses fondos á nosa biblioteca.

 

Reunión do club de lectura

O xoves, os membros do club de lectura Amigos e amigas de Helies reuníronse para organizarse. Moi pronto saberemos máis do seu funcionamento.

Agardamos novas!!

25 NOVEMBRO

CLUB DE LECTURA

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

"A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar. Amigos: temos unha historia da ciencia tan rica como descoñecida. Cando leades unha historia coma esta, facédea vosa e transmitídea, porque cada vez que a contedes estaredes sementando a curiosidade pola ciencia e contribuiredes a facer medrar no noso pobo unha cultura científica moi necesaria, que nos permitirá avanzar como sociedade e nos fará máis libres." José Tubío

Recursos na páxina da asesoría de bibliotecas, premendo no seguinte enlace Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas - 2022

 

DIA DAS LIBRARÍAS

O vindeiro día 11 de novembro será a duodécima edición do DÍA DAS LIBRARÍAS; celebrando que son un comercio de proximidade, de carácter cultural; punto de encontro e de fomento da lectura.

CONTADAS NA BIBLIO

O 24 de Outubro abrimos de novo a biblioteca. Helies invíta a todo o alumnado do centro a unhas contadas terroríficas durante a semana do SAMAÍN.

ESPERAMOS DISFRUTAR MOITO!!

24 de OUtubro Día das bibliotecas escolares

Se queredes saber máis... premede aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut