Skip to Content

A nosa chave

25 DE NOVEMBRO - DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

     No arquivo adxunto poderedes descargar unha guía de literatura infantil de xuvenil para a igualdade.

                

DÍA MUNDIAL DO NENO E DA NENA

     Aquí vos deixamos un Slideshare cos dereitos dos nenos e nenas elaborado pola biblioteca do CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro-Vivero.

 

 
     Esperamos que lle saquedes proveito.

O RAP DO MAGOSTO

    Desta volta penduramos un video coa canción titulado "O rap do Magosto". O autor da canción é o cantante galego Paco Nogueiras. A cantar e bailar se parar!!!!.

     

     Podedes descargar a letra da canción no arquivo PDF adxunto.

MAGOSTO - "HISTORIA DA CASTAÑA"

     Aquí vos deixamos a historia da castaña en doce viñetas contada polo alumnado do CEP de Ventín. Esperamos que vos guste.

 

    

Exposición cabazas de Samaín 2021

Álbum: Curso 2021-22 -> Samaín

VIDEO CONTO "CARABUÑAS"

     Nesta entrada deixámovos dúas versións diferentes, en formato video, do conto "CARABUÑAS". O conto é das autoras Margarita del Mazo e Charlotte Pardi e foi publicado por OQO editora. 

     

 

     Esperamos que gocedes del.

     * Nos adquivos adxuntos podedes ver algunhas adaptacións do conto realizadas por alumnado do noso centro.

O SAMAÍN - UXÍA LAMBONA E A SÚA BANDA MOLONA

     Este Samaín imolo a cantar e bailar ao ritmo que nos marca o grupo musical "Uxía Lambona e a súa banda molona". Aquí vos deixamos o video musical da canción titulada "O Samaín" para que poidades cantar e bailar sen parar.

     Feliz e "terrorífico" SAMAÏN!!!!!.

ENTREGA PREMIOS VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

     Deixámovos aquí as fotos das entregas de premios (adaptadas aos protocolos COVID 19) do VIII concurso de fotografía "ANIMAIS DE GALICIA - ANIMAIS SALVAXES" organizado polo equipo de Dinamización da lingua Galega do centro. 

            

REVISTA ESCOLAR "A BUXAINA" CURSO 2020 21

     Aquí vos deixamos a edición dixital da Revista escolar "A Buxaina". Como ben sabedes está elaborada cos traballos realizados polo alumnado ao longo deste curso escolar 2020 21.

 


 
     Esperamos que vos guste.

MURAIS XELA ARIAS - LETRAS GALEGAS 2021

    Na semana das LETRAS GALEGAS, as aulas de Educación infantil do centro elaboraron cadanseu mural coa imaxe de Xela Arias para recordar a figura da poeta galega.

     Se premedes no seguinte debuxo da autora elaborado por un alumno do centro accederedes a unha galería de CÓDIGOS QR baixo os que están aloxados os distintos murais de cada aula (para ver os murais só tedes que escanealos cun dispositivo móbil e seguir o enlace).

                         Debuxo Xela

 

 

     Seguro que vos parecen verdadeiras obras de arte.

Distribuir contido


by Dr. Radut