Skip to Content

A nosa chave

XI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "PARADAS CON ENCANTO NO CAMIÑO"

     Estas son as fotografías presentadas ao XI concurso de fotografía do CEIP Prácticas de Ourense.

     Este curso escolar o concurso levaba por título: "Paradas con encanto no camiño".

     Como podedes ver todas as fotos presentadas representan á perfección a temática do concurso e todas elas son de gran beleza.

     Axiña recibiredes novas.

     Moitas grazas pola vosa participación.

Álbum: Curso 2021-22 -> Concurso_fotografía

TIKTAK DRAW FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

     Desta volta deixámosvos un vídeo realizado en TIKTAK DRAW coa biografía de Florencia Delgado Gurriarán:

 

GENIALLY FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

     Aquí vos deixamos unha actividade tipo Genially para que poidades demostrar todo o que sabedes de Florencio Delgado Gurriarán. 

 

Esperamos que vos agrade.

IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

           CARTEL CONCURSO FOTOGRAFÍA

ENTROIDO 2022

     Como ben sabedes, xa está aquí o Entroido. Un ano máis queremos deixarvos un agasallo en forma de recursos para que poidades profundizar e ampliar os vosos coñecementos sobre esta festa tan galega.

     En primeiro lugar deixámovos unha unidade didáctica elaborada polo Seminario Galán:

                                          Unidade didáctica Entroido

     E... para rematar, unhas divertidas actividades eleboradas polo CEP Campolongo:

                                  Actividades Entroido

     Esperamos que vos sexan de utilidade.

CANCIÓNS DÍA DA PAZ 2022

    Aquí vos deixamos os vídeos musicais das canción que imos traballar este curso para conmemorar o día da PAZ 2022.

    TERRA (TANXUGUEIRAS) 

 

DE FESTA (UXÍA LAMBONA E A SÚA BANDA MOLONA)

 

     Esperamos que bailedes e cantedes sen parar. 

O XOGO DE ROI

     Aquí vos deixamos o enlace a un divertido xogo tipo "Quiz" sobre o camiño de Santiago.

      Imaxe xogo de Roi

     Animádevos a xogar. Seguro que o pasades mo ben.

EXPOSICIÓN "FELICITA EN GALEGO" 2021

     Aquí, nesta foto montaxe, están as postais gañadoras de cada unha das aulas do centro. Como podedes ver son todas excelentes e... como non, felicítannos as festas en GALEGO!!!.

               

                

Así de bonita quedou a nosa exposición do centro:

                                      

 

     Premendo AQUÍ podedes acceder a unha galería de imaxes na que atoparedes as exposicións que fixo cada unha das aulas coas postais non seleccionadas para a exposición de centro. Todas elas tamén fantásticas!!!.

3 DE DECEMBRO - OS BOLECHAS E A INTEGRACIÓN

     Nesta entrada deixámosvos un capítulo de "Os Bolechas" no que reflexionan sobre a importancia da integración das persoas con diversidade funcional.

 

     Esperamos que sexa do voso agrado.

 

VÍDEO CONTO "MARUXA" - 25N

     Deixámovos desta volta o vídeo conto "Maruxa". Nesta versión de vídeo, o conto ven acompañado dunha canción de Almudena Janeiro.

     No arquivo adxunto podedes atopar unha ficha didáctica sobre o propio conto.

     Esperamos que vos sexa de utilidade para traballar o 25 de Novembro.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut