Skip to Content

Actividades complementarias e extraescolares

Entroido

Chega o carnaval!

non podemos desfilar,

pero ben o imos pasar

porque o Meco nos ha mandar.

Cada día unha cousa diferente

a escola traerei

coidando a hixiene

   que ben o pasarei!

 

Charlas de 6º

Os nosos nenos e nenas de 6º recibiron dúas charlas: unha de habilidades sociais e outra de resolución de conflitos. Agora a aplicar o aprendido.

30 de xaneiro - Día da Paz

A celebración do Día da Paz contou coa realización de varias actividades en cada clase e conxuntas.

Ademais das actividades desenvolvidas en cada titoría, os días 27, 28 e 29 de xaneiro, o alumnado desde Infantil a 6º de Primaria dos grupos A recitou poesías alusivas ao tema a través da megafonía interior durante as horas de ler.

O equipo de biblioteca seleccionou unha escolma de libros sobre a paz que presentou no expositor ao carón dos murais.

Soou a canción "Quérote máis" e entre todo o alumnado do colexio realizáronse estes fermosos murais.

Álbum: Curso 2020-21 -> Día da Paz

Fotos de grupo no vestíbulo

O álbum elixido (aid = 201) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Fotos de grupo cos Reis Magos

O álbum elixido (aid = 202) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Postais de Nadal

Este ano o concurso de postais de Nadal, organizado polo ENDL do colexio, desenvolveuse coa mesma dinámica doutros cursos, pero non se mostraron nas paredes do diferentes corredores; só unha selección delas no vestíbulo:

Álbum: Curso 2020-21 -> Nadal_Postais

Decoración de Nadal

O centro engalanouse para recibir o Nadal coa colaboración das familias da nosa comunidade educativa.

 

Álbum: Curso 2020-21 -> Nadal_Decoracion

SAÚDE E PROTECCIÓN ESCOLAR COVID 19

Onte os alumnos e alumnas de 2º de primaria recibiron a visita de Fátima, unha peculiar científica que lles ensinou moitas cousas sobre o covid 19.

Eu quedo na casa - Vídeo de Educación Infantil

O alumnado e as profes e os profes de Infantil do noso centro mostran como están a pasar estes días na súa casa. Un bico para tod@s!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut