Skip to Content

Reserva de praza no IES Blanco Amor para o curso 2024-2025

Ábrese o procedemento para a reserva de praza no IES Blanco Amor curso 2024-2025 para o alumnado de 6º de Primaria.

1. Normativa

2. Nota informativa

3. Calendario

4. Solicitudes

Fotos Nadal Grupos no vestíbulo

Pódense ver as fotos a maior tamaño na galería correspondente.

Álbum: Curso 2023-24 -> Fotos_Nadal_Grupos

POSTAIS GAÑADORAS DO CONCURSO "FELICITA EN GALEGO"

     Aquí vos deixamos un gif co mural elaborado coas postais gañadoras do curso do centro "FELICITA EN GALEGO".

MURAL FELICITA EN GALEGO

     Moitas grazas a todos e todas por participar e BO NADAL e VENTUROSO ANO 2024.

Decoración de Nadal

O Nadal chegou ao centro e engalanou corredores e paredes. Aquí podedes ver unha mostra...

Álbum: Curso 2023-24 -> Decoración_Nadal

Donas de si

Este ano participamos no plan Proxecta Donas de si.  O alumnado de 3º recibiu a visita de Enrique Mauricio e de Tania Solla que lles contaron a vida de Maruja Mallo e lles ensinaron a debuxar como auténticos profesionais.

Álbum: Curso 2023-24 -> Donas_de_si_terceiro

Visitamos a biblioteca pública da Ponte.

O 24 de outubro o alumnado de 2º de primaria visitou a Biblioteca pública do barrio para celebrar o Día das Bibliotecas. 

Álbum: Curso 2023-24 -> Visita_Biblioteca_segundo

Fotos Xogos do Magosto

Para ver as fotos a maior tamaño, premer aquí.

Álbum: Curso 2023-24 -> Magosto

EXPOSICIÓN OUTONO/SAMAÍN 2023

     Aquí vos deixamos as fotos da exposición cos minimundos creados con elementos do Outono.

     Darlles as GRAZAS ás familias pola súa colaboración e felicitalos pola creatividade nas creacións.

     Podedes acceder á galería de fotos premendo na fotomontaxe ou facendo clic na entrada ao álbum que aparece nesta publicación.

     Esperamos que sexa do voso agrado.

Fotomontaxe Outono Samaín

Álbum: Curso 2023-24 -> Minimundos_outono

Simulacro de evacuación do centro

Hoxe, venres 3 de novembro, tivo lugar no noso centro un simulacro de evacuación segundo as directrices do plan de autoprotección.

Ás 10 h soaron as alarmas de incendio e alumnado, profesorado e persoal non docente seguiron de xeito moi satisfactorio as instrucións establecidas e a evacuación realizouse no tempo previsto. Unha persoa do centro foi designada a chou para interpretar o papel de ferida e seren rescatada polo corpo de bombeiros.

Grazas á excelente participación de toda a comunidade educativa presente no centro e dos servizos de rescate mobilizados, o simulacro foi un éxito!

 

Álbum: Curso 2023-24 -> Simulacro_Evacuación

XORNAL ESCOLAR "A BUXAINA 2023"

     Xa está aquí o XORNAL ESCOLAR deste curso escolar 2023. Esperamos que se do voso agrado.

Extra extra

 

Distribuir contido


by Dr. Radut