Skip to Content

Os Reis Magos e Infantil de 5

Visita de Infantil de 5 anos aos Reis Magos.

Máis fotos nesta galería

Nadal en 5 anos

Posando coas coroas de Reis...

 

Así quedan as decoracións:

Magosto en Infantil

O pasado martes 10 de novembro celebramos o Magosto.

Os preparativos da festa...

A festa...

Plantando a castaña salvada que non vai ao lume e que, co tempo, será un fermoso castiñeiro.

O mural por partes...

O mural completo...

 

Así van medrando os castiñeiros...

Podedes ver máis foto premendo nesta ligazón.

 

 

 

 

Samaín

Os alumnos de Educación infantil (5 anos) están entusiasmados facendo o seu traballo de Samaín. Ooooh! Que sorpresa! Un castelo de onde saen pantasmas, morcegos... e unha cabaza que parece que ten vida.

Os esqueletes que trouxeron da casa son os mellores do mundo... Estas mamás... canto traballan na casa! Moitas grazas!

Podedes ver moitas máis fotos nesta galería.

Outono

Estamos no outono

os paxaros marchan xa,

o día é máis curto

e o frío vai chegar.

 

Estamos no outono

as follas van ao chan

temos unha alfombra de follas

para xogar e pisar.

Estas e máis fotos nesta galería.

 

 

A princesa María e o dragón Lume

Érase unha vez un dragón mediano de cor verde e ollos saltóns que vivía nunha cova cerca do castelo da fermosa princesa María.

Lume, o dragón, coidaba da princesa pois no bosque vivía unha bruxa que se adicaba a facer apócemas con pompas de xabón para converter á xente en sapos.

Un día, a princesa saíu a pasear acompañada polo dragón e, na Lagoa de Antela atopou un sapo que tiña unha coroa na cabeza. Ela deulle un bico e apareceu un aposto príncipe que a convidou a dar un paseo.

Mentres paseaban, Lume atopouse cunha velliña que lle ofreceu unha pompa de caramelo. Cando lume lle deu unha dentada quedou atrapado dentro da burbulla.

Axiña o príncipe decatouse da trampa da bruxa Pócemas e sacando a súa espada rompeu a burbulla e Lume saíu todo asustado.

Pócemas quixo pelexar co príncipe pero el encerrouna nunha pompa de lume.

E colorín, colorado, este conto está rematado.

 

Conta contos en Infantil

Para ir rematando o curso en Infantil, organizouse unha actividade de animación á lectura cunha sesión de contacontos. Ollade o atentos que están!

 

En galego, porfa! No colexio

Presentamos o segundo número da serie En galego, porfa! Neste caso está adicado ao vocabulario sobre os materiais que se empregan en clase.

 

Tamén, como apoio, ofrecemos unha lista de vocabulario sobre o tema:

 

A Buxaina 2015

 

 

Xosé Filgueira Valverde en Infantil - Letras Galegas 2015

Xosé Filgueira Valverde foi o protagonista do traballo do alumnado de Infantil de 4 anos B1 durante a semana das Letras Galegas. Aquí está a mostra...

 

 

Máis fotografías nesta galería...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut