Skip to Content

Chega o Entroido...

O Entroido vai enchendo pouco a pouco cada curruncho do noso centro. Aquí unha pequena mostra:

Máis fotos nesta galería.

 

Encontro con Manuel Rivas

O martes 14 de febreiro, o escritor Manuel Rivas estivo no noso colexio. Dentro do programa da Concellería de Educación "Encontros co autor", o alumnado de quinto de primaria leu o seu libro "Bala perdida". Rivas explicoulles algúns aspectos importantes da obra así como da marabillosa experiencia que é ler un libro e escribilo. Tamén respondeu as preguntas que a rapazada plantexou sobre o libro e sobre a profesión de escritor. Finalmente, o autor asinou e dedicou cada un dos exemplares. Foi unha bonita experiencia!

Algunha foto máis...

Resultado sorteo da Cesta de Nadal Excursión fin de curso de 6º

Hoxe, luns 19 de decembro, celebrouse o sorteo da cesta de Nadal para axudar ao alumnado de 6º na excursión fin de curso.

Este é o número que resultou escollido a chou... 05982

 

 

V Concurso Exposición Fotografía

Información das bases do V Concurso Exposición de Fotografía "Navegamos no País dos mil ríos e os dous mares". Premer aquí...

Premio pola Promoción da Poesía ao CEIP Prácticas

O pasado sábado 8 de outubro, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, o Círculo Poético Ourensán entregou o Premio pola Promoción da Poesía ao noso centro " pola súa traxectoria en defensa e promoción da cultura en Ourense en xeral e da poesía en particular mediante actividades realizadas ao longo do curso polos alumnos e polas alumnas".

Ao acto acudiron os dous gañadores individuais do V Concurso de Poesía para escolares coas súas familias, dúas profesoras e a directora do CEIP Prácticas de Ourense.

 

Presentación do curso 2016-2017

Benvidos/as ao curso 2016-2017

A relación do profesorado que desempeñarán as súas funcións este curso pódese consultar nesta listaxe.

Día de Titoría / atención Nais/Pais:

Todos os martes en horario de 16h - 17h.

Datas de entregas dos boletíns de avaliación:

Primeiro Trimestre:................ 21 de decembro de 2016

Segundo Trimestre: ............... 7 de abril de 2017

Terceiro Trimestre: ............... 23 de xuño de 2017

Recomendacións:

  • Deixar as zonas das filas só para as nenas e os nenos.
  • Ser puntuais.
  • Xustificar as faltas de asistencia.
  • Na medida do posible, tratar de que o neno disfrute dun ambiente familiar relaxado e tranquilo.
  • Interesarse sempre polo seu traballo e preguntarlle sobre as actividades do colexio.
  • Valorar os traballos escolares.
  • Axudarlles a ser autónomos.
  • Comunicar ao titor ou á titora calquera incidencia.

Calendario Escolar: Pode consultar o calendario premendo nesta ligazón.

DÍAS NON LECTIVOS E VACACIÓNS   

 Día do Ensino

 Día 31 de outubro de 2016

 Vacacións de Nadal

 Do 22/12/2016 ao 06/01/2017(ámbolos dous inclusive)

 Festas do Entroido

 Días 27-28 de febreiro e 1 de marzo de 2017

 Semana Santa

Do 10 ao 17 de abril de 2017(ámbolos dous inclusive)

 Día pedagóxico

 2 de maio de 2017

Conmemoracións:

CONMEMORACIÓNS
Día Universal da Infancia 20 novembro 2016
Día Internacional contra a violencia de xénero 25 novembro 2016
Constitución e Estatuto de Autonomía de Galicia Do 1 ao 11 decembro 2016
Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos Día 10 decembro 2016
Día Escolar da non violencia e da Paz Día 30 xaneiro 2017
Día Internacional da Muller Día 8 marzo 2017
Día Mundial dos Dereitos do Consumidor Día 15 marzo 2017
Semana da Prensa Do 6 ao 10 marzo 2017
Día Mundial da Saúde Día 7 abril 2017
Semana do Libro Entre o 17 e o 21 abril 2017
Día de Europa Día 9 maio 2017
Semana das Letras Galegas Do 9 ao 17 maio 2017
Día Mundial do Medio Ambiente Día 5 de xuño 2017

Recitando a Manuel María - Infantil

As alumnas e os alumnos de Infantil recitan poemas de Manuel María co gallo do Día das Letras 2016:

4º de Infantil (3 anos) - O caracol

5º de Infantil (4 anos): O arco da vella

6º de Infantil: O meu barco 

Recitando a Manuel María - Primaria

As alumnas e os alumnos de Primaria recitan a Manuel María co gallo da celebración do Día das Letras 2016:

Primeiro e Segundo de Primaria - Galicia

Terceiro e Cuarto de Primaria: A fala

Quinto e Sexto de Primaria: As campás 

Concerto Didáctico de Instrumentos de Vento Metal

O día 28 de abril os alumnos de cuarto curso asistiron a unha audición moi especial na aula de música do noso colexio. Ata aquí se achegaron os profesores do CMUS de Ourense D. Antonio Caneda, D. Pablo Doval e o antigo alumno D. Ricardo Filgueira para ilustrar o desenvolvemento da unidade Os instrumentos de vento metal.

A través do conto musicado Un paseo coa familia de vento metal grave os mestres sorprenderon aos nenos cunha selección de temas coñecidos do mundo do cine interpretados con sabia mestría cos seus instrumentos: bombardino, trombón e tuba.

Os alumnos participaron activamente na actividade e descubriron as posibilidades sonoras dos instrumentos presentados.

 

 

 

Os legumes

Os nenos e nenas do CEIP Prácticas coñeceron os legumes. Decidiron que querían ser o seus amigos e argallaron uns fermosos contos.

Agora teñen un curruncho no noso corazón e no noso cole. Convidámosvos a todos a velos e disfrutalos!

Máis fotos nesta galería...

Distribuir contido


by Dr. Radut