Skip to Content

Concurso Exposición Fotografía 2019 - Animais de Galicia no País do gando

Durante o presente curso tivo lugar o concurso de fotografía organizado polo ENDL do noso centro coa colaboración do alumnado e das súas familias.

O tema escollido para o 2018-2019 foi Animais de Galicia no País do gando.

Un vista xeral da exposición:

As finalistas:

A entrega do premio á gañadora coa foto ao fondo:

Todas as fotos, a maior tamaño, nesta galería.

A Buxaina 2019

Visita á Aula da Natureza de Oira

Durante o mes de maio, o alumnado de 3º e 4º de Primaria visitou a Aula da Natureza de Oira, dentro das actividades que organiza o Concello de Ourense.

 

O álbum elixido (aid = 172) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Receita da torta de castañas

Vídeo realizado dentro do programa En galego, porfa. Este curso as actividades centráronse no vocabulario da cociña.

Visita da Conselleira de Educación

Hoxe estivo connosco a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar. Visitou distintas dependencias do centro, cambiou impresións co profesorado e alumnado e anunciou unha obra de rehabilitación integral que o seu departamento ten previsto realizar.

Máis información, nesta páxina de Consellería de Educación.

Plantamos un horto-xardín vertical no cole

Ola a todos/as:

Os alumnos/as de Ed. Infantil, na derradeira semana do mes de abril, plantamos un hort-xardín vertical.

Fixémolo coincidir coa celebración da Festa do Libro no noso cole.

Que ben o pasamos!!!

Que fermoso quedou!!!

Agora... A disfrutalo, coidalo e respectalo.

GRAZAS

Álbum: Curso 2018-19 -> Non dispoñible

O casamento do piollo e a pulga. Letras Galegas 2019

Cantiga recollida por Antonio Fraguas, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019, no "Cantigueiro de Cotobade". O grupo Migallas compuxo esta canción:
 
 

 

Día de Rosalía 2019

Día da árbore e da auga 2019

O alumnado de 3º e 4º de Primaria conmemorou o Día da árbore e da auga o pasado venres 22 de marzo.

A semana tivo como remate a plantación dunha árbore. Previamente, entre todos e todas decidiron inventarlle un nome: Talismán silvestre.

Logo realizaron a plantación tal e como se pode ver nesta galería de fotos.

 

O álbum elixido (aid = 164) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Día de Rosalía 2019

O venres, día 22 de febreiro, celebramos no colexio o Día de Rosalía (este ano cadra en domingo). Anteriormente, o alumnado traballou dúas cancións musicadas: unha sobre Rosalía pequeniña, destinada a Infantil; outra, sobre o poema "Alborada", para Primaria.
Entre outras actividades, debuxos sobre os poemas e o venres, ás 11:30 h, representantes de cada curso recitaron os poemas para todo o alumnado.

O álbum elixido (aid = 157) non ten ninguha imaxe, ou non é público!
Distribuir contido


by Dr. Radut