Skip to Content

A nosa biblioteca

ENCONTROS PLAMBE 2020-2021

21 de Marzo DÍA DA POESÍA

Este curso todo o alumnado está a traballar a POESÍA na súa aula. Así é como nos iniciamos no mundo dos PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS. Dentro de pouco contarémosvos como o levamos a cabo e faremos unha exposición con todos os traballos. Estade atentos e atentas!!

Helies, está argallando algo importante!!

AS PROPOSTAS DE HELIES PARA TRABALLAR O MES DA MULLER

  Helies fainos estas propostas para traballar o mes da muller

 

 

Así quedou o mural das mulleres que cada aula vai traballar durante o mes de marzo.

MARZO: MES DA MULLER

 

 

 

         Coa chegada do mes de Marzo, imos conmemorar o “mes da muller”, como proposta do equipo de Igualdade centrado no Plan Proxecta “Donas de si”, polo que imos elaborar un dossier dunha muller galega en cada aula, para logo facer entre todos unha exposición.

Cada alumno ou alumna  elaborará o seu propio dossier e cada aula elaborará un para a exposición.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

8M: MULLERES LÍDERES

As bibliotecas  escolares de Galicia traballamos, todo o curso, en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica. Arredor desta data promovemos actividades coa lectura, o cine, a radio, a publicidade, a busca e tratamento da información ...

Na páxina de bibliotecas escolares de Galicia podemos ver máis información das actividades que se están a realizar nas bibliotecas escolares de Galicia

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1482

 

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro está recollido no Calendario do Libro e a Lectura, publicado pola Consellería de Cultura, Educación  e Universidad, como o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. 

Na biblioteca do centro podedes consultar calquera destos libros sobre Rosalía

O Equipo de Dinamización lingüística do centro propón as seguintes  actividades para conmemorar este día:

  • O poema musicado   de Rosalía de Castro "Has cantar", do libro "Uxía. Rosalía pequeniña"  soará na entrada e na saída do día 24 de Febreiro xunto co poema musicado por Lucía Pérez "Adiós Ríos, adiós fontes".
  • O poema "Has cantar" tamén se escoitará na hora de lectura de cada un dos niveis. Para acompañar de maneira visual nas pantallas dixitais de cada unha das aulas o audio do poema musicado enviamos: 

                       -Para os máis maiores; unha imaxe coa letra do poema.

                       -Para os máis pequenos; un pdf e unha imaxe (elixide os que máis vos guste)    cos pictogramas para seguir a letra do poema musicado.

      Na páxina web do cole, hai un Genially e un Draw my life sobre Rosalía de Castro e na sala de mestres/as unidades didácticas en papel sobre a autora
     Importante para o traballo do PDI sobre a POESÍA que nos propuxo HELIES   
 

MULLERES DE CIENCIA

ISABEL ZENDAL

A Coruña. Considerada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) como a primeira enfermeira da historia en misión internacional.

https://www.youtube.com/watch?v=T40-qbLGZ98&feature=emb_title

MARGARITA  SALAS

Asturias. Bioquímica española. Licenciada en ciencias químicas, foi discípula de Severo Ochoa. Iniciou  o desenvolvemento da bioloxía molecular en España.,

 

https://www.youtube.com/watch?v=kNbKgonROk8&feature=emb_title

 

MARIE  CURIE

Científica. Polonia.Descubriu os elementos radio e polonio e a súa relación coa radioactividade.

https://www.youtube.com/watch?v=bQ2hCUvsCkM&feature=emb_title

 

Astrónoma estadounidense, pioneira na medición da rotación das estrelas dentro dunha galaxia.

https://www.youtube.com/watch?v=3HRyuM46W20

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=4YTym3zcptg&feature=emb_title

11 de febreiro: Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia

No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.

 

 

Nos seguintes enlaces podemos ver propostas interesantes doutros centros educativos publicados na páxina de bibliotecas escolares de Galicia.

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2021

Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración.

Preme no enlace para ir á páxina da asesoria de bibliotecas para ver as diferentes propostas de actividades.

Distribuir contido


by Dr. Radut