Skip to Content

A nosa chave

A Buxaina 2014

Rosalía de Castro - Alumnado do CEIP Prácticas de Ourense e ENDL

Programa de radio sobre Rosalía de Castro.


5:46 minutes (5.28 MB)

Radio Vidal Bolaño - Letras Galegas 2013

Este é o programa de radio producido polo CEIP Prácticas de Ourense sobre Roberto Vidal Bolaño. Inclúe un anaco dunha obra teatral súa...


4:14 minutes (3.87 MB)

Biografía de Roberto Vidal Bolaño

O 31 de xullo de 1950, naceu Roberto Ignacio Vidal Bolaño, que co paso do tempo se convertería nun dos creadores do teatro profesional galego.

Realizou os seus primeiros estudos de primaria e bacharelato en Santiago e con doce anos comezou a traballar como repartidor de recambios de coche, emprego o que lle seguiron outros nunha axencia de viaxes, nun almacén de coloniais e nunha entidade bancaria, até que, con vinte e sete anos, pasou a traballar profesionalmente no teatro.

Fundou a primeira compañía profesional de teatro en galego, o Grupo Antroido, na que realizou todo tipo de funcións: empresario, director, actor, autor, electricista, pintor...

O longo da súa traxectoria artística escribiu perto das trinta obras teatrais, algunhas delas dedicadas ao público infantil.

Tamén realizou guións para as televisións galega e española, levando á pantalla relatos de escritores galegos como Fole ou Blanco Amor.

Participou como actor en longametraxes e series televisivas e como actor de dobraxe colaborou en máis de cincuenta películas.

Recibiu numerosos premios pola súa obra teatral: Premio Abrente, Premio Cunqueiro, Rafael Dieste, Eixo Atlántico, Tirso de Molina...

No ano 1991 creou e dirixiu a Compañía Teatro do Aquí, coa que seguiu representando as súas propias obras.

Roberto Vidal faleceu en Santiago no ano 2002.

Roberto Vidal Bolaño escribiu perto de trinta obras de teatro, entre elas estas:

-Laudamuco,Señor de Ningures

-Bailadela da morte ditosa

-Agasallo de Sombras

-Días sen gloria

-Saxo Tenor

-As actas escuras

-Touporroutou da Lúa e o Sol

-Doentes

-Rastros

-A burla do galo

Bo Nadal

 

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP Prácticas de Ourense deséxavos...

 

apalpador

 

... e FELIZ 2013 para todos e todas.

 

A buxaina nº 12

Aquí está o número 12 da nosa revista A buxaina. Este curso o escritor homenaxeado é Valentín Paz Andrade.

Se queres descargar a revista, preme co botón dereito enriba da imaxe e selecciona Descargar.

Distribuir contido


by Dr. Radut