Skip to Content

A nosa chave

VÍDEO BIOGRAFÍA DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO / LETRAS GALEGAS 2023.

     Aquí vos deixamos unha vídeo biografía de Francisco Fernández Del Riego elaborada polo colexio San Pío X de Ourense.

 

     FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023.

O RODICIO DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO / LETRAS GALEGAS 2023

     Neste entrada poderedes xogar e aprender sobre o autor homenaxeado este ano no día das letras galegas: Francisco Fernández Del Riego.

     Esperamos que sexa do voso agrado.

A MIÑA LINGUA GUAPA

     Aquí vos deixamos unha filme elaborado pola Real Academia Galega no que se relata a fascinante historia do nacemento dun idioma especial como ningún outro.

 

     Esperamos que sexa do voso agrado.

EXPOSICIÓN "X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA"

     Aquí vos deixamos a galería coas imaxes dos traballos presentados ao  X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "A VEXETACION EN GALICIA" e un arquivo adxunto coa imaxe da exposción instalada no interior do colexio.

     Como ben podedes comprobar, os traballos presentados son dunha altísima beleza e calidade.

     GIF CONCURSO FOTO

     Moitas grazas a todos e todas por participar.

Álbum: Curso 2022-23 -> Concurso_fotografía

X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

     Un ano máis, comprácenos presentarvos o noso concurso de fotografía. Este curso escolar a temática é: "A VEXETACIÓN EN GALICIA". Tal e como podedes ver no cartel adxunto, a data límite de entrega é o 14 de Abril de 2023. Recordade, é un concurso organizado polo equipo de dinamización da lingua Galega do centro, polo tanto, o idioma a utilizar nos traballos presentados deberá ser o Galego.

Cartel concurso

     Esperamos os vosos traballos. Animádevos a participar.

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA 2023

     Este curso, para conmemorar o día de Rosalía de Castro, traballamos tres poemas do libro de poesía "Cantares Gallegos" da propia autora.

     Nas aulas de educación primaria cada alumno/alumna escribiu un verso do poema traballado nun tira de papel de cor e... cos papeis resultantes, fixemos unha cadeneta na que compuxemos a poesía.

     Nas aulas de educación infantil cada alumno/alumna coloreou unha ilustración de Rosalía de Castro e coas imaxes resultantes elaboramos unha pequena cortina.

     Para dar a coñecer o noso traballo ao barrio da Ponte e homenaxear á autora decidimos pendurar das árbores da Rúa Rosalía de Castro os nosas composicións.

     Este foi o resultado:

PORTADA DÍA DE ROSALÍA

     Esperamos que sexa do voso agrado.

 

Álbum: Curso 2022-23 -> Día de Rosalía

CINCO DATOS CURIOSOS - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2023

     Aquí vos deixamos un vídeo de TVG con cinco datos curiosos sobre Rosalía de Castro que "pode" que non saibades. 

     FELIZ DÍA DE ROSALÍA 2023

O ENTROIDO GALEGO 2023

     Aquí vos deixamos un arquivo pdf con diversas actividade para traballar o entroido tradicional galego. Só tes que facer clic na seguinte imaxe.

Imaxe entroido

    Esperamos que vos sexa de utilidade.

CANCIÓN PAZ 2023

     Aquí vos deixamos a "nosa" canción para conmemorar a PAZ neste ano 2023. Cantarémola, bailarémola e vivirémola tan intensamente como poidamos para desa maneira enviar a nosa mensaxe de PAZ ao mundo enteiro. 

     Facendo clic na seguinte imaxe poderedes descargar a letra da canción en formato pictogramas.

Imaxe pictogramas

 

     Esperamos que vos guste.

MOSTRA DE POSTAIS GAÑADORAS "FELICITA EN GALEGO 2022"

   Aquí podedes ver a mostra/exposición de postais gañadoras de cada unha das aulas do centro no concurso "FELICITA EN GALEGO 2022" convocado polo equipo de dinamización da lingua Galega neste Nadal.

     Moitas grazas pola vosa participación e BO NADAL.

Distribuir contido


by Dr. Radut