Skip to Content

Orientación - INCLÚE-T

18 de Febreiro- Día internacional do síndrome de Asperger

Recursos para traballar a inclusión nas aulas

 

DÍA DA DISCAPACIDADE

 

Con motivo da conmemoración do día da Discapacidade, propoñemos unha serie de recursos audiovisuais, curtos e relatos por se queredes reflexionar.

 

CUERDAS

https://www.youtube.com/watch?v=4INwx_tmTKw

La rutina de la pequeña María en el colegio se verá alterada por la llegada de un niño muy especial. Pronto se convertirán en amigos inseparables.

EL REGALO

https://www.youtube.com/watch?v=_RP1GsCyoAE

Conta a historia dun neno que vive refuxiado na súa zona de confort, encerrado na súa casa xogando aos videoxogos. A súa nai, nun intento de axudar ao seu fillo tráelle un regalo moi especial: un can. O neno  emociónase co seu novo regalo ata que descobre que ao can  faltalle unha pata… Neste corto podemos encontrar valores como a aceptación, a resiliencia, o temor…

 

MIL SORRISOS E UN PERDÓN

https://youtu.be/FlgC5UiKFE0

Daniel conta a súa historia despois de ter un accidente pola culpa dalguén que decidiu mezclar alcohol e volante. Dez anos despois está disposto a perdoalo.

 

IAN

https://youtu.be/OHma93eZiBY

Ian sofre pero non renuncia a xogar no parque cos demais… e coa axuda de todos o consigue. Un exemplo moi claro de inclusión, empatía e traballo en equipo.

TAMARA

https://youtu.be/X2hN1xSCicw

Tamara é a historia de unha nena que a pesar de todo non renuncia o seu soño de ser bailarina.

EL CAZO DE LORENZO

https://youtu.be/afHmJz4Uu0E

A superación dun neno con dificultades para sobrelevar o día a día: as súas cualidades, os obstáculos que ten que afrontar...

 

 

 

 

LOS COLORES DE LAS FLORES

https://youtu.be/WQL-GfkWwgQ

Como fai un neno con discapacidade visual para facer unha descripción sobre a cor das flores?

 

Non máis princesas! - Educación para a Igualdade

Non máis princesas” é un espectáculo de narración oral no que se narran dous pequenos contos que teñen como obxectivo a promoción da igualdade de xénero e a coeducación, dunha maneira activa, dinámica e divertida.

Brandariz (o narrador oral) comeza contado o conto “Cando as nenas voan alto” onde tres nenas acadan os seus obxectivos superando todas as trabas e obstáculos que o sistema machista e patriarcal lles pon. Acadan obxectivos, rompen barreiras e logran unirse con outras moitas nenas e mulleres para cambiar o mundo no que vivimos e facelo mellor.

A continuación, narra o conto “A fantasma Cataplasma” no que Cataplasma é invitado a unha festa de fantasmas. Que ilusión! Fai 400 anos que non recibe unha carta e moito máis que non vai a unha festa, pero ten un problema….fai tanto tempo que non sae do Torreón onde vive que a súa sábana está sucia e chea de teas de araña e non sabe como limpala. O único que se lle ocorre é ir á casa do seu veciño, o Ogro, para que lle axude. Conseguirá limpar a sábana e ir á festa?

O álbum elixido (aid = 182) non ten ninguha imaxe, ou non é público!
Distribuir contido


by Dr. Radut