Skip to Content

Actividades complementarias e extraescolares

Decoración de Nadal

O Nadal chegou ao centro e engalanou corredores e paredes. Aquí podedes ver unha mostra...

Álbum: Curso 2023-24 -> Decoración_Nadal

Visitamos a biblioteca pública da Ponte.

O 24 de outubro o alumnado de 2º de primaria visitou a Biblioteca pública do barrio para celebrar o Día das Bibliotecas. 

Álbum: Curso 2023-24 -> Visita_Biblioteca_segundo

Fotos Xogos do Magosto

Para ver as fotos a maior tamaño, premer aquí.

Álbum: Curso 2023-24 -> Magosto

Premio no concurso Os meus avós, mestres da vida

O xurado do concurso "Os meus avós, mestres da vida", organizado pola Área sanitaria do Sergas de Ourense e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vén de outorgar os premios ao alumnado cos mellores traballos.

A nosa alumna de 6º B Ariadne López Alonso acadou o Segundo Premio do Terceiro Ciclo de Primaria. Recolleuno acompañada da súa avoa (protagonista do seu debuxo), a súa nai e o seu irmán. Tamén estiveron no acto de entrega a súa titora e a directora do centro.

Todos os traballos están expostos no edificio novo do hospital do CHUO. A participación do noso alumnado foi moi ampla. Noraboa a tod@s!!

O álbum elixido (aid = 246) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Entroido 22-23

Este curso, o noso Entroido tivo un carácter viaxeiro. Un dos elementos fundamentais no noso barrio, que lle dá vida propia e que o vertebra, é a estación de ferrocarril, agora convertida nunha estación intermodal. De aquí parten moitas persoas de Ourense a destinos insospeitados.

Durante a semana previa ao Entroido, o MECO foi dando instrucións diarias para que nos fósemos equipando convenientemente para a viaxe final.

O venres, cada curso representou unha das tantas culturas do mundo e, encabezados polo grupo de sexto que preparou unha batucada e conducidos até a saída da "estación" polo persoal de Adif e RENFE, desfilaron mostrando un mosaico de cores e formas do máis variado e lucido. Logo houbo baile e... a disfrutar do Entroido!

Unha mostra da saída dos participantes no desfile pódese ver nestas ligazóns:

 

 

O álbum elixido (aid = 236) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Fotos Nadal de grupos

Para ver as fotos a maior tamaño, visitar a galería e premer na foto correspondente.

O álbum elixido (aid = 232) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Fotos no acto cos Reis Magos

O álbum elixido (aid = 233) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Magosto 22-23

O xoves 10 de novembro, véspera de San Martiño, todos os grupos do colexio celebraron o magosto desenvolvendo unha batería de xogos populares como turrasoga, o pano, os bolos, as cadeiras musicais, carreiras de sacos, transportar a castaña, castaña á canastra, tres en raia... Despois de divertirse, a ANPA repartiu un cucurucho de castañas recén asadas para degustar...

 

O álbum elixido (aid = 227) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Charlas plan Director.

O noso alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu unhas charlas sobre “ Os perigos de internet” e “Acoso escolar” dentro do programa Plan Director da Policía Nacional.

27 de Abril, Día da Educación Física na rúa.

O pasado 27 de Abril conmemoramos o día da Educación Fisica na rúa. 

Distribuir contido


by Dr. Radut