Skip to Content

Escolares

DÍA DA PARÁLISE CEREBRAL

Podes imaxinar a túa vida, sen decidir nada en todo o día?

# yo decido… así é o lema deste ano das persoas que teñen Parálise Cerebral. Que non poidan comer ou vestirse por sí mesmas… non quere decir que non poidan decidir qué cousas queren facer.

Poder tomar decisións na vida fai os nenos e nenas independientes.

#yo decido

30 SETEMBRO DÍA DO TEL

Dende 2016, cada 30 de setembro conmemórase Día internacional do Trastorno Específico da Linguaxe (TEL), unha alteración da comunicación que interfire no desenvolvemento, comprensión, adquisición e expresión da linguaxe en nenos e nenas.

27 de Abril, Día da Educación Física na rúa.

O pasado 27 de Abril conmemoramos o día da Educación Fisica na rúa. 

MANDATOS DO MECO

25 de Novembro

Este ano con motivo do día contra a violencia de xénero, elaboramos uns murais para adornar os corredores do centro e recordarnos que as nosas mans poden facer cousas maravillosas como acariñar ou facer cóxegas.

MURAL DE E.I.

 

MURAL DE 1º2º E.P.

 

MURAL DE 3º 4º EP

 

MURAL DE 5º 6º EP

OS BOLECHAS E A INTEGRACIÓN

Nesta entrada deixámosvos un capítulo de "Os Bolechas " no que se reflexionan sobre a importancia da integración das persoas con diversidade funcional.

 

TDAH

Hoxe27 de outubro, temos que dar visibilidade ao TDAH (Trastorno por déficit de Atención e Hiperactividade), é o trastorno máis frecuente en nenos,nenas e adolescentes, dende as distintas asociacións piden dar visibilidade a este trastono para que entre todos se trate de axudar, mellorar e vencer as trabas que se atopan na vida cotia.

#tdahvenciendotrabas 

UNIDOS POLA DISLEXIA

Hoxe é o día internacional da Dislexia. Baixo o lema # UNIDOS POLA DISLEXIA, queren facernos recapacitar na importancia de detectar este trastorno de aprendizaxe de xeito temperán para darlle unha resposta educativa axeitada, e así poder BRILLAR.

 

O noso centro conta co método DIVERLEXIA, un método para ensinar de forma distinta a quen aprende de xeito diferente.

DÍA MUNDIAL DA PARÁLISE CEREBRAL

Hoxe conmemórase o día da Parálise Cerebral, co lema #168 horas, facendo referencia ás horas que ten unha semana e ás horas que as persoas con parálise cerebral precisan axuda. 

Sabemos que eles precisan axuda para moitas cousas; pero tamén sabemos que con estas axudas eles son capaces de chegar moi lonxe...

Así que non perdamos o tempo... e dediquemos 168 horas pola inclusión.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut