FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO ESCOLAR 2024-2025Publicada no DOG do 20 de maio de 2024 a convocatoria da ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria para o curso escolar 2024/25. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO Para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria. As axudas poden ser: 240€, se a renda per cápita familiar é igual ou inferior a 6.000€. 160€, se a renda per cápita familiar é superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€. AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR Para todo o alumnado de Educación Primaria. 75€, se a renda per cápita é igual ou inferior a 6.000€ e alumnado 60€, se a renda per cápita é superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO Para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria. A cada alumno/a correspóndenlle: 6 libros, se a renda per cápita familiar é igual ou inferior a 6.000€ e alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % 4 libros, se a renda per cápita familiar é superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€ PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES Desde o 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024( ambos inclusive) DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR * Anexo I e Anexo II da orde debidamente cumprimentados (modelo ED330B no adxunto) * Libro de familia (orixinal e copia) *En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. * * Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou doutro membro da familia. As solicitudes poden presentarse: +No propio centro, en horario de 9:00 a 9:50h luns e martes, de 13:10 a 14:00h mércores, xoves e venres e de 16:00 a 17:00h os martes pola tarde. + Por vía electrónica a través da aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) + A través da sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) + Poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, o sistema de usuario e Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365) A solicitude será única para todos os fillos/as que estén admitidos no mesmo centro para o curso 2024/2025.No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro. DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO FONDO LIBROS O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria debe devolver os libros de texto que son do fondo libros, en bo estado, do 17 ao 19 de xuño. De non ser devoltos, non haberá dereito a solicitar axudas para o vindeiro curso. ENTREGA DE LIBROS PARA O PRÓXIMO CURSO A entrega dos libros para o alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria, para o curso 2024/2025, realizarase en setembro. LISTAS ADMITIDOS/AS E ENTREGA DE CHEQUES/VALES Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, notificaremos as datas nas que se farán públicas as listas de admitidos/as, así como as datas nas que se entregarán os cheques de libros e vales de material escolar.
|
|