Secretaría

Achégase información relativa ao fin de curso 2019/2020 e comezo do vindeiro curso.             

Adxúntanse listaxes definitivas de admisión para o vindeiro curso 2020-2021.

Recórdase que os admitidos deberán formalizar a matrícula entre o 1 e o 10 de xullo. Deberán traer 4 fotos tipo carnet.

Adxúntanse en arquivos anexos as modificacións das programacións didácticas para o 3º trimestre.

Para indicar os criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe correspondentes a cada trimestre usamos as seguintes cores: amarelo-1º trimestre; verde-2º trimestre, vermello-3º trimestre.

Achégase listaxe definitiva de reparto de libros para o vindeiro curso 2020/2021 en 3º e 4º de primaria.

Os libros que non se vos repartirán deberedes mercalos, ademais do Activity Book de Inglés

Achégase en arquivo anexo a información relativa ás axudas á escolarización e ás becas do comedor do concello de Ferrol.

Dende o día 20 de maio ata o 19 de xuño poderedes presentar a solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar.

Deberedes cubrir o anexo I e anexo II da orde, que aparecen adxuntos como arquivos anexos.

Presentación das solicitudes:

- Preferiblemente, na sede electrónica da Xunta, empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola mesma, incluído o sistema de usuario e Chave 365.

- Opcionalmente, de xeito presencial no centro (de 10:00 a 13:00 horas) ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Se optades pola entrega presencial da solicitude no centro, debe acudir só unha persoa por familia e cumprir coas medidas de seguridade (máscara, distanciamento social...).

Destinatarios:

  • Fondo solidario: Para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria (5º e 6º continúan co proxecto Edixgal).
  • Libros de texto: Para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.
  • Material escolar: Para todos os cursos de Educación Primaria.
  • Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo: Para libros en 1º e 2º, e se non puidese usar os do fondo de libros para mercar outros de 3º a 6º. Tamén para material escolar.

 Xunto á solicitude, deberá aportarse o Anexo II debidamente asinado, copia do libro de familia, sentencia ou convenio regulador en caso de divorcio e a documentación acreditativa das circuntancias persoais no caso de non asinar as autorizacións. Debe presentarse orixinal e fotocopia, ou ben fotocopia cotexada de toda a documentación. A situación persoal, familiar e económica reflíctese ao 31 de decembro do 2018.

Os prazos  establecidos pola convocatoria son os seguintes:

- Publicación listaxe provisional fondolibros: Ata o 10 de xullo.

- Prazo de reclamación: 2 días seguintes á publicación.

- Publicación das listaxes definitivas: Ata o 20 de xullo.

- Entrega de libros de 3º e 4º: A comezos do vindeiro curso.

Adxúntase o enlace coa publicación da páxina da Xunta sobre o proceso de admisión do alumnado: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31003

O resumo das principais novidades no proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2020/2021 son os seguintes:

- Prazo de presentación de solicitudes: Do 11 ao 18 de maio.

- Ata o 26 de maio: Presentación da documentación acreditativa para baremar.

- Ata o 9 de xuño: Listaxes provisionais.

- Ata o 26 de xuño: Listaxes definitivas.

- Do 1 ao 10 de xullo: Prazo de formalización de matrícula.

O horario de atención ao público de secretaría será de 10 a 13 horas.

Se alguén non puidese realizar os trámites nese horario, que chame ao teléfono do centro (981370480) ou envíe un correo (ceip.ponzos@edu.xunta.es) para concertar unha cita.

O concello de Ferrol ven de anunciar a entrega duns vales para alimentos ao alumnado becado.

Tedes a información no seguinte enlace:

https://www.ferrol.gal/Concello/NovasAmpliar/4982

 

Tal e como se establece no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30568

O cómputo de prazos para os diferentes procedementos queda suspendido mentres sigamos na situación actual. Volverá a reiniciarse ao voltar á normalidade.

Para calquera dúbida chamade ao teléfono do colexio (981370480)ou ao seguinte email: ceip.ponzos@edu.xunta.es

Ánimo

O 1 de marzo comeza o prazo para presentar solicitudes de admisión para o vindeiro curso 2020/2021. Poderanse recoller en papel no centro ou descargalas na seguinte dirección https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

O horario de atención ao público de secretaría é o luns de 9:00 a 9:50 horas, e de martes a venres de 9:00 a 9:50 horas e de 13:10 a 14:00.

Tamén se poden presentar de xeito telemático.

Cada alumno só poderá unha única solicitude de admisión no centro que solicite en 1º lugar. Ademais, se presenta a solicitude noutro centro distinto a no que está matriculado, deberá comunicalo ao centro de orixe.

O calendario do proceso de admisión é o seguinte:

- 1 ao 23 de marzo: Prazo de presentación de solicitudes.

- 26 marzo ao 16 abril: Presentación de documentación acreditativa.

- Antes do 25 de abril: Listaxes provisionais.

- Antes do 15 de maio: Listaxes definitivas.

Os postos escolares vacantes no centro son os seguintes:

- 4º EI: 22 prazas + 3 para NEAE.

- 5º EI: Dúas prazas.

- 1º EP: Unha praza.

- 4º EP: Dúas prazas.

- 6º EP: Unha praza.

- Resto de cursos: Sen vacantes.

 

INFORMACIÓN

Orde 12 de marzo de 2013

 

Orde 25 de xaneiro de 2017

 

IMPRESOS

Solicitude (Anexo II)-G

 

Solicitude (Anexo II)-C

 

Distribuir contido