Animación á lectura

ESTES SON OS VIDEOS CREADOS POLO ALUMNADO E PROFESORADO DOS CURSOS 1º, 2º, 3º E 4º DENTRO DO PROGRAMA "NÓS TAMÉN CREAMOS"

Con motivo do día do Libro, o alumnado realizou os tradicionais apadriñamentos lectores, onde os maiores traballaron cos máis pequenos.

Ademais, realizamos uns avións (un por cada neno) co nome dos libros favoritos e o nome do neno, lanzámolos ao aire e tentamos de buscalos para devolverllos ao seu dono e falar sobre os libros.

Con motivo do día da muller traballadora (8 de marzo), visitáronnos dúas mulleres que realizan un traballo que soe ser realizado por homes: unha enxeñeira e unha policía, que nos falaron de como é o seu traballo e respostaron ás dúbidas do alumnado.

Ademais, a escritora María Canosa visitou ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria para falar e respostar ás preguntas do alumnado sobre os seus libros, e para asinárllelos.

 

A continuación mostramos fotos dalgunhas das actividades que realizamos durante o 2º trimestre: Día da paz, Entroido, Semana da Prensa...

 

Distribuir contido