Música

Tags:

A asignatura de Música na Educación Primaria busca conseguir que o alumnado acade unha serie de coñecementos que lle permitan expresarse musicalmente dun xeito autónomo.

Nos dous primeiros cursos (1º e 2º) empregámolos libros de texto para ir coñecendo o referente á grafía musical e aos coñecementos teóricos necesarios para poder realizar producións musicais. Todo isto sen olvidar a interpretación instrumental (coa frauta, instrumental Orff presente na aula, mediante o propio corpo...), a realización de bailes ou coreografías, etc...

A partir de 3º, non usamos libros de texto para centrarnos máis específicamente na práctica instrumental coa frauta e os instrumentos da aula, sen esquencer os coñecementos teóricos adquiridos en cursos anteriores, que nos serán de axuda para levar a cabo unhas boas producións musicais.

Tags:

A asignatura de Música en Educación Infantil tenta espertar o interese dos nenos pola materia. Todo isto mediante a realización de cancións, bailes, a experimentación cos instrumentos musicais da aula, a visualización de contos musicais, etc...

Todo isto buscando que os nenos se acheguen á Música dun xeito lúdico e accesible, mediante a exploración e o traballo conxunto e de actitudes cos compañeiros.

É moi interesante que aprendan a escoitar, a respectar aos compañeiros, a realizar actividades en grupo, etc...

Distribuir contido