Complementarias

Ola rapazas e rapaces,

o venres 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente e  dende Sogama recórdannos unha serie de boas prácticas que debemos levar a cabo para reducir o uso de plástico. Podedes velas aquí: http://www.sogama.gal/gl/campanha/desplastif%C3%ADcate-di-non-aos-pl%C3%A1sticos-de-usar-e-tirar

Ademais, o vindeiro luns 8 de xuño tamén se conmemora o Día dos Océanos para o que Sogama nos ofrece cinco pezas audiovisuais protagonizada pola Familia Trebón e orientadas ao mantemento dun mar limpo: http://www.cadernoverde.gal/merenda-marina/

Coa chegada do bo tempo son moitos os paseos que damos pola praia e o monte e dende o CEIP de Ponzos animámosvos a que coidedes estes espazos non tirando lixo e recollendo aquel que encontredes ciscado. 

E lembrade: as mascarillas van ao contedor de restos, de cor verde. 

Entre todos e todas podemos facer un mundo mellor!Guiño

ESTE ANO NON PODEMOS XUNTARNOS COS OUTROS COLES DE FERROL A CANTAR E BAILAR NA PRAZA PARA CELEBRAR A CHEGADA DA PRIMAVERA E AS FLORES.

ESTA VEZ TOCOU CELEBRAR OS MAIOS NA CASA, E FIXÉMOLO CREANDO OS MAIOS FLORIDOS QUE VEREDES NESTE VIDEO E CANTANDO AS COPLAS DOS MAIOS QUE ESCOITAREDES NUN FUTURO PRÓXIMO.

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.

Aínda que este ano non poderemos facer o xa tradicional maio no colexio, animámosvos a facer outra actividade proposta polo equipo de normalización da lingua galega do CEIP Manuel Masdías.

Dende o noso centro, animámosvos a que fagades o voso "maio" co material reciclado do que dispoñades nas vosas casas ou agora tamén flores, ramas, ou pedras que xa podedes coller na rúa e que os colguedes nas terrazas,balcóns ou ventás, para darlle colorido ás rúas.

Ademais, dende o noso colexio animámosvos a que saquedes unha foto co maio para que nola enviedes ao correo do noso colexio (ceip.ponzos@edu.xunta.es), para que poidamos facer un vídeo.

Ademais, animámosvos a que participedes cantando un maio que coñezades ou que inventedes. A razón é que coas gravacións de audio (soamente son) que fagades, faremos un pequeno programa de radio que colgaremos no blogue da biblioteca. Estas gravacións deberedes envialas tamén ao correo do centro (ceip.ponzos@edu.xunta.es).

Tedes de prazo ata o 8 de maio para enviar as vosas fotos e gravacións de son.

Saúde e feliz maio!!!

Dende o colexio, co material dispoñible no centro, construíronse 100 máscaras para a residencia de maiores DomusVi de Narón.

Consideramos que é útil axudar nos actuais momentos complicados nos que nos atopamos.

 

Distribuir contido