Se as familias de usuarios de comedor teñen algunha urxencia teñen que dar aviso a través do seguinte teléfono ou correo electrónico da oficina:

As saídas só se realizarán nas dúas quendas marcadas: ás 15:15h e ás 15:50h. Se algunha familia por razóns moi xustificadas teñen que facelo noutro horario é necesario que presenten solicitude por escrito.

          

Aula virtual      Galería fotos    Portal edu     Recursos edu  Correo edu    Webs dinámicas  

Publicada no DOG do 20 de maio de 2024 a convocatoria da ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria para o curso escolar 2024/25.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

Para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria. As axudas poden ser:

240€, se a renda per cápita familiar é igual ou inferior a 6.000€.

160€, se a renda per cápita familiar é superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€.

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Para todo o alumnado de Educación Primaria.

75€, se a renda per cápita é igual ou inferior a 6.000€ e alumnado
de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %.

60€, se a renda per cápita é superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria. A cada alumno/a correspóndenlle:

6 libros, se a renda per cápita familiar é igual ou inferior a 6.000€ e alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %

4 libros, se a renda per cápita familiar é superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Desde o 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024( ambos inclusive)

 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

         * Anexo I e Anexo II da orde debidamente cumprimentados (modelo ED330B), que se pode descargar pinchado aquí.

         Libro de familia (orixinal e copia)  

       *En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

*       * Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou doutro membro da familia.

As solicitudes poden presentarse:

+No propio centro, en horario de 9:00 a 9:50h luns e martes, de 13:10 a 14:00h

 mércores, xoves e venres e de 16:00 a 17:00h os martes pola tarde.

+ Por vía electrónica a través da aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros)

A través da sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal)

Poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, o sistema de usuario e Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

A solicitude será única para todos os fillos/as que estén admitidos no mesmo centro para o curso 2024/2025.No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO FONDO LIBROS

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria debe devolver os libros de texto que son do fondo libros, en bo estado, do 17 ao 19 de xuño.

De non ser devoltos, non haberá dereito a solicitar axudas para o vindeiro curso.

ENTREGA DE LIBROS PARA O PRÓXIMO CURSO

A entrega dos libros para o alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria, para o curso 2024/2025, realizarase en setembro.

LISTAS ADMITIDOS/AS E ENTREGA DE CHEQUES/VALES

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, notificaremos as datas nas que se farán públicas as listas de admitidos/as, así como as datas nas que se entregarán os cheques de libros e vales de material escolar.

Convocada a beca para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2024-2025.

O prazo de solicitude é do 30 de abril ao 13 de setembro.

Hai que solicitalo a través a través da sede electrónica.

 

 

 

 

A listaxe definitiva de admitidos e excluídos para o curso 2024-2025 está publicada na porta do colexio.

A listaxe provisional de admitidos e excluídos para o curso 2024-2025 está publicada na porta do colexio.

PREVISIÓN DE VACANTES ESCOLARES

Educación Infantil:

4º Ed. Infantil (3 anos)  - 20 ....... 3 (prazas NEAE)

5º Ed. Infantil (4 anos)  -   0

6º Ed. Infantil (5 anos)  -   0

 

Educación Primaria:

1º Educación primaria   -   0

2º Educación primaria   -   0

3º Educación primaria   -   0   

4º Educación primaria   -   12

5º Educación primaria   -   1

6º Educación primaria   -   7 

 

 CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN:

Do 1 ao 20 de marzo: prazo de presentación de solicitudes.

Do 21 ao 5 de abril: presentación de documentación xustificativa.

Antes do 25 de abril: listaxes provisionais.

Antes do 15 de maio: listaxes definitivas.

Do 20 ao 30 de xuño: formalización de matrícula.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 

As solicitudes (ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Manual para as familias: DescargarFicheiro.do (xunta.gal)

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Horario de secretaria para presentar a documentación:
    • Luns e martes de 09:00h a 09:50h.
    • De mércores a venres de 13:10h a 14:00h.
    • Martes pola tarde de 16:00h a 17:00h.

 

Distribuir contido