Programa
- Actividades:
Como ven sendo habitual nestes últimos anos, coincidindo co "Día das Letras Galegas", celebramos a nosa "Semana Cultural" con actividades complementarias para todos os ciclos.
Este curso contamos coa seguinte programación:
(Preme en cada actividade para ver as fotos)
Venres, 8 de maio
Obradoiro literario coa escritora AN ALFAYA
Mércores, 13 de maio
Infantil e 1º ciclo: Sesión de contacontos con Manolo Solla
3º ciclo: Os xornalistas volven ás aulas. Obradoiro con D. Alfredo López, redactor de La Voz de Galicia.
Xoves, 14 de maio
Obradoiro de debuxo e ilustración con PEPE CARREIRO.
Martes, 19 de maio
Animación á lectura con BENXAMÍN MÍGUEZ.
Mércores, 20 de maio
Videoconferencia co Loro Parque (Tenerife): “Desayuno con los tiburones”.