Skip to Content

Actividades.

carreira solidaria

O pasado 17 de novembro celebramos a carreira solidaria a volta ao cole para recaudar fondos contra a leucemia infantil, a favor da asociación unoentrecienmil. aqui vos deixamos unha pequena mostra.

 https://youtu.be/MZkPkPDhMZk

MAGOSTO 2023

Tiramos da corda, fixemos carreiras de sacos , andivemos na cadeira da raíña .... e comemos castañas!

 PASÁMOLO DE MARABILLA!

 

 

 

INFORMATIVOS SAMAÍN 23

Polo Samaín, os nenos e nenas de quinto estiveron investigando sobre as costumes e lendas que hai en Galicia ao redor desta data. Con toda a información recadada quixeron elaborar uns informativos  para dar a coñecer a nosa cultura que é tan importante como a que nos ven cada vez máis imposta desde outros países lonxanos. Coñezamos e valoremos as nosas costumes e cultura para que permanezan no legado.

Preme na seguinte ligazón para acceder á lista de reprodución dos informativos: INFORMATIVOS "SAMAÍN"  

 

Competencias: CCL, CPSAA, CD, CE, CCEC 

Materias: Lingua galega, ciencias socias, ciencias naturais.

PODCAST : CONTOS DE CALACÚS ... PARA QUE CHE DEA UN PATATÚS!

Preme na ligazón para acceder aos podcast :CONTOS DE CALACÚS ... PARA QUE CHE DEA UN PATATÚS!

O alumnado de quinto de Ed. Primaria estivo facendo un obradoiro de contos polo Samaín. Creáronos en grupos e graváronos para finalmente editalos. Aquí vos deixamos a mostra. Agardamos gocedes deles!

Competencias: CCL, CPSAA, CD, CE, CCEC, STEM 

Materias: Lingua galega, ciencias naturais.

ESTREITANDO LAZOS

Un Samaín máis intercambiamos postais con todos os centros de primaria do noso  concello : CEIP Plurilingüe de Oca , CEIP do Foxo , CEIP Cabada Vázquez , CEIP Villar Paramá e CEIP de Figueroa. Tamén enviamos postais e cartas ao CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba e ao CEIP de Pedrouzos.

 

 

LEMBRAMOS A AVELINA VALLADARES

O sábado 21 volvemos a Radio Estrada a "Os Recunchos da Lingua" con Pilar Bernárdez e Isa Durán,que lle dedicaron os programas deste mes a esta ilustre escritora estradense ,porque se cumpren 198 anos do seu nacemento (23/10/1825).

Alumnos/as de varios centros acudimos a radio para homenaxear á cantora da Ulla .Do Pérez Viondi , Samara e Xoel de 5º contaron a excursión dos seus grupos a Berres e Vilancosta,descubrindo a Avelina, ademais leron unhas estrofas do poema "Ulla".

 

O paso do tempo, MUDOUNOS?

O alumnado de quinto de Ed. Primaria fixo unha tarefa en relación á visualización da película galega "Salta". En primeiro lugar preparou unha enquisa dirixida ás familias para extraer datos de como mudou o comportamento e hábitos socias entre os anos nos que dircorre a película (1945,1985) e actualidade. A continuación recolleron os datos da enquisa e fixeron unha gráfica que reflicte o cambio social en relación á lingua falada e aos xogos que se empregan no tempo de lecer. Despois foron ao cine, alí ademais de ver a película e fixarse nos detalles de como mudou a sociedade nas tres épocas nas que discorre a trama, socializaron entre as tres aulas tendo un tempo de lecer en común. Para finalizar fixeron unha entrevista á directora da película Olga Osorio. Algún deles será o próximo director ou directora de cine?

Competencias: CCL, CPSAA, CE, STEM

Materias: Lingua galega, matemáticas, ciencias socias.

VIAXAMOS NO TEMPO

Alumn@s do Pérez Viondi viaxamos no tempo coa película "SALTA".Atravesamos buratos de verme para descubrir a historia dos protagonistas na diferentes escenas que aconteceron na Coruña en 1949,1985 e 2022.

Grazas a colaboración de Minicines Central que contactaron coa  directora Olga Osorio , esta estivo con nós para explicarnos como xurdiu e se desenvolveu este proxecto. Pasámolo moi ben, gustounos!.

 

CONCERTO DIDÁCTICO

Suso e Xián, da agrupación Tequexetéldere,  estiveron hoxe conosco para falarnos dos instrumentos tradicionais: requinta,cunchas,zanfona,caixa, acordeón, gaita...

 Foi moi interesante e gustounos moito.

 

X FESTA DAS PALABRAS

No teatro principal ,celebramos a décima FESTA DAS PALABRAS,para facer a entrega de premios aos gañadores /as  do concurso de microrrelatos e micropoemas.Todos eles recibiron un caravel e o libro cos textos premiados e o prólogo da madriña desta edición, Charo Golmar.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut