O pasado 31 de outubro celebramos o SAMAÍN. Pasamolo xenial facendo diferentes actividades:
- Ensartando pasta terrorifica , buscando arañas e bechos entre diferentes bases sensoriais : orbits de auga, alubias negras, auga vermella que semellaba ser sangue .... traballando así a motricidade fina, a coordinación óculo -manual, e diferentes destrezas manuais.
- Colaboramos na elaboración dun photocall xunto co resto de clases de Educación Infantil. Os/as nenos/as de 4 anos realizaron unhas pequenas pantasmas de papel. Posteriormente, fixémonos unha foto no mesmo.
- Algúns nenos/as trouxeron cabazas decoradas ou outros elementos vencellados ao Samaín moi chulos para ambientar o colexio. Moitas grazas!
- Elaboramos unha manualidade cun prato de papel, cada neno/a elexiu se quería facer unha pantasma, Frankenstein ou un morcego.
- Participamos xunto con todas as aulas de infantil en diversos xogos vencellados ao Samaín no ximnasio do colexio: a cabaza tirabolos, o gato papabolas, a pantasma…
No seguinte enlace podedes ver algunhas das fotos de ese dia, esperamos que vos gusten.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipperezviondi/galeria/thumbnails.php?album=210&page=1