Skip to Content

4º Ed. Infantil

Obra de Teatro

O alumnado de 4º de Infantil disfrutamos dunha obra de teatro no Centro.

Archivo:Teatro.svg - Wikipedia, la enciclopedia libre

Saída ao Cine

Imos de saída ao Cine. Colaboramos có Comercio Local.

 

Festival De Cine Logo Palomitas De Maiz Y Cine Gratis Png PNG , Clipart De  Cine, Film Festival, Película PNG y PSD para Descargar Gratis | Pngtree |  Logotipo de instagram, Logotipo

Carreira Solidaria contra a Leucemia

Somos solidarios coa Leucemia Infantil.

 

Fotos da Carreira premendo a imaxe.

20231117_102719~0.jpg

Magosto 4º INF. A

Disfrutamos moito coa celebración do Magosto no Centro.

 

Algunhas fotos premendo a imaxe.

20231117_123833.jpg

25N 4º INF. A

Celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

 

Picando na imaxe podedes ver algunhas fotos.

 

20231124_132547.jpg

Samaín 4º INF. A

Celebramos o Samaín no Centro. Pasámolo moi ben.

 

Fai click na imaxe para ver as fotos.

20231027_113512.jpg

CELEBRACIÓN DO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 4º E.I.-B

Con motivo do Día contra a Violencia de Xénero, realizamos un mural conformado polos autorretratos de todos/as os/as nenos/as do colexio, baixo o lema: "Todos iguais, todos diferentes, en harmonía".

Así mesmo, traballaron a igualdade coas mestras María e Tania (mestras que lle imparten Psicomotricidade, Música e Estimulación da Linguaxe Oral) a través da canción: "Depende de los dos". Podedes ver un vídeo entrando no apartado da páxina web do colexio: "Conmemoracións". 

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E DA CARREIRA SOLIDARIA PARA AXUDAR AOS NENOS/AS CON LEUCEMIA. 4º E.I.-B

O 17 de novembro celebrouse o Magosto no colexio, así como unha carreira solidaria para axudar aos nenos/as con leucemia infantil. Podedes ver unhas fotos pinchando na seguinte imaxe:

 

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN. 4º E.I.-B

Con motivo da celebración do Samaín:

 - Vimos os contos: “Corre corre cabaciña” e “A casa do rato renato”, así como cancións vencelladas ao Samaín, como: “No Samaín” de Paco Nogueiras, “Samaín” de Mamá Cabra, “Os esqueletos”…

 - Colaboramos na elaboración dun photocall xunto co resto de clases de Educación Infantil. Os/as nenos/as de 3 anos realizaron unhas pequenas pantasmas que cubriron con algodón. Posteriormente, fixémonos unha foto no mesmo.

  - Algúns nenos/as trouxeron cabazas decoradas ou outros elementos vencellados ao Samaín moi chulos para ambientar o colexio. Moitas grazas!

  - Elaboramos unha manualidade cun prato de papel, cada neno/a elexiu se quería facer unha cabaza ou un morcego, pintou o prato con pincel e témpera, os ollos co dedo e témpera, e levaron a mesma para casa.

  - Realizamos unha postal dunha pantasma para desexar un feliz Samaín á nosa familia e aos nenos e nenas dun colexio da contorna próxima, plasmando a man con témpera branca nunha cartolina negra, debuxándolle uns ollos e unha boca unha vez seca e decorándoa con pegatinas de estrelas prateadas.

  - Participamos en diversos xogos vencellados ao Samaín no ximnasio do colexio: a cabaza tirabolos, o gato papabolas, a pantasma…

Podedes ver unas fotos premendo na imaxe.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut