Skip to Content

V festa das palabras

O mércores 23 de maio, no teatro principal da Estrada, entregáronse os premios aos rapaces e rapazas gañadores desta V edición do concurso de micropoemas e microrrelatos ,que neste ano de Mª Victoria Moreno ,debían incluir as palabras " MAR"  "FAIADO" repectivamente.

Os gañadores recolleron un caravel e un libro ,no cal se publicaban os seus relatos e poemas ,ademais de 14 ilustracións realizadas polo alumnado de infantil dos 7 colexios de primaria da Estrada,tamén se incluía un marcapáxinas que ao igual ca portada do libro foi diseñado por Rosa de Cabanas.

Este ano ano a madriña de esta xeración foi Paula Carballeira


E estes e estas son os nosos gañadores e gañadoras

 

Gabriel Estrada puxo a música

 

Xa estamos esperando a seguinte festa.



story | by Dr. Radut