Skip to Content

SEMANA DA SAÚDE

     Con motivo do Día Internacional do Deporte (6 de abril) e do Día Mundial da Saúde (7 de abril), celebramos a Semana da Saúde realizando as seguintes actividades:

   1. Visita e charla da nutricionista Clara Torres acerca de qué alimentos son saudables, cales non e por qué. Posteriormente entregou a cada neno/a unha ficha con debuxos de alimentos saudables e non saudables, na que os/as nenos/as debían de colorear os alimentos saudables.

   2. Retos durante os recreos: cando soaba a música no recreo debíamos de realizar o reto que se indicaba nun panel durante un minuto. Dada a boa acollida que tivo esta actividade, decidiuse continuar realizándoa durante este mes de abril.

   3. “Masterchef Viondi”: proposta voluntaria na que o alumnado que quisexe podía debuxar, deseñar con recortes de xornal ou revista ou facer unha fotografía dun prato saudable, así como indicar os ingredientes que o compoñían. Houbo unha gran participación tanto de alumnado de Educación Infantil como de Educación Primaria. Moitas grazas a todos/as aqueles que participástedes! Logo das votacións de todo o profesorado e alumnado que quixo votar pola mellor proposta, saiu elexida con 37 votos: Naiara (alumna de Educación Primaria) co prato: “Fídeos de arroz salteado con verduras e salmón”.

   4. O ciclo de Educación Infantil realizamos unha andaina pola contorna próxima de aproximadamente 1 km. Durante a mesma, tivemos a sorte de atopar dous fermosos cabalos. Posteriormente merendamos na Alameda da Estrada e desfrutamos do parque nos columpios.

         Podedes ver unas fotos pinchando na imaxe.



page | by Dr. Radut