Skip to Content

VISITA Á EXPOSICIÓN: "EMOCIÓNS EN PERIGO" DE TIM FLACH E REALIZACIÓN DUN OBRADOIRO NA SEDE AFUNDACIÓN SANTIAGO DE COMPOSTELA. 4º E.I.-B.

O día 21 de marzo acudimos á Sede Afundación Santiago de Compostela, onde tivemos unha visita guiada da exposición: "Emocións en perigo" de Tim Flach e un obradoiro consistente en realizar un xabón coa forma dalgún dos animais vistos na exposición. Posteriormente, "merendamos" na Sede Afundación Santiago, xa que convidáronnos a facelo alí e considerámolo máis oportuno ao ter máis comodidades. Finalmente fomos ata á Alameda, onde nos recolleu o autobús de volta. Podedes ver unhas fotos premendo na imaxe.

 



page | by Dr. Radut