Skip to Content

CHAPAS POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Cada ano conmemórase,o 8 de marzo,  o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

Os nenos e nenas de 5º de Ed. Primaria estiveron investigando sobre esta efeméride. Fixeron uns traballos empregando medios audiovisuais e cartolinas nos que se recollen as súas pescudas. Para finalizar esta tarefa, aprenderon de forma autónoma a empregar a máquina de chapas deixando un manual de usuario na aula de Polos Creativos e crearon unhas chapas personalizadas con mensaxes do 8M.

Coas súas chapas queren dar visibilidade á loita continuada do feminismo a favor dos dereitos da muller.

 

 

A igualdade non é un agasallo, é un dereito. ABRAZA A IGUALDADE!

 

 

 

 

 

Competencias: CCL, STEM; CD, CPSAA, CE, CCEC, CC

Mateiras: Lingua castelá, linuga galega, matemáticas, ciencias sociais, Ed. Plástica e audiovisual.

 

 



page | by Dr. Radut