CHAPAS POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
Cada ano conmemórase,o 8 de marzo, o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.
Os nenos e nenas de 5º de Ed. Primaria estiveron investigando sobre esta efeméride. Fixeron uns traballos empregando medios audiovisuais e cartolinas nos que se recollen as súas pescudas. Para finalizar esta tarefa, aprenderon de forma autónoma a empregar a máquina de chapas deixando un manual de usuario na aula de Polos Creativos e crearon unhas chapas personalizadas con mensaxes do 8M.
Coas súas chapas queren dar visibilidade á loita continuada do feminismo a favor dos dereitos da muller.
A igualdade non é un agasallo, é un dereito. ABRAZA A IGUALDADE!
Competencias: CCL, STEM; CD, CPSAA, CE, CCEC, CC
Materias: Lingua castelá, linuga galega, matemáticas, ciencias sociais, Ed. Plástica e audiovisual.