PAPAR CON SENTIDIÑO!
O alumnado de 5º de Ed. Primaria estivo estudando a importancia de manter unha dieta saudable. Despois de facer un estudo da roda de alimentos e das cantidades recomendables de cada grupo que se deben comer diariamente. Chegaron á conclusión de que é moi importante que o noso plato teña MOITA COR! isto quererá dicir que ten moitas verduras, hortalizas e froitas.
- Elaboraron individualmente, seguindo as indicacións da pirámide de alimentos, un menú saudable.
- Tamén coñeceron e empregaron a App Yuka analizando a calidade das súas merendas; facéndose máis conscientes de se son saudables ou non. O Yuka ofrécelles alternativas a produtos similares pero de maior calidade. Estes foron algún dos resultados da análise.
- Para finalizar, comeron palomitas de millo seguindo as intrucións de uso dunha máquina de facer palomitas de millo natural. Leron, fixeron un texto instrutivo e levando a cabo cada paso das intrucións; degustaron palomitas, recién feitas, de millo “ de verdade”. Todo un descubrimento!
Competencias: CCL, STEM, CPSAA, CE
Materias: Lingua castelá, lingua galega, matemáticas, ciencias naturais.