Skip to Content

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

De acordo coa resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, neste mes de novembro temos que proceder á renovación parcial do Consello Escolar. 

 

O primeiro paso é a selección das persoas que forman parte da Xunta Electoral (nais/pais que farán o seguimento do proceso e que estarán na mesa electoral o día da votación). 

 

Por tal motivo, mañá ás 09h30 procederase ao sorteo público para a Constitución da Xunta Electoral na secretaría do centro. De maneira extraordinaria as persoas que queirades asistir ao sorteo público, poderedes acceder ao recinto escolar, seguindo as medidas de protección COVID19 da Consellería de Educación. 



story | by Dr. Radut