Skip to Content

Eleccións Consello Escolar 2018

ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE PAIS AO CONSELLO ESCOLAR.

 Circular informativa

 

ACTA DA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL

Reunión  dos compoñentes da Xunta Electoral para a admisión e proclamación de candidaturas presentadas polos distintos sectores.

 

ACTA DA PRIMEIRA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL

En Mondego (Sada) ás 11:45 h. do día 5 de novembro de 2018, unha vez constituída a Xunta Electoral que vai regular o proceso de eleccións ao Consello Escolar do Centro, en conformidade co artigo 31.b) do Decreto 92/1988 do 28 de abril, e estando presentes todos os seus membros adóptanse os seguintes acordos:

1.Acórdase fixar o calendario electoral coas seguintes datas:

      29/10/18 Circular informativa aos pais e nais.

      05/11/18 Publicación e reclamación aos Censos Electorais.

      Do 7 ao   14/11/18 (ambos inclusive) Presentación de candidaturas.

      19/11/18 Claustro informativo das normas

      19/11/18 Segunda reunión da Xunta Electoral: -Proclamación de candidaturas – sorteo de compoñentes da mesa   electoral para a votación de pais/nais – Modelo de papeleta de votación 

      26/11/18 Votación sector mestres/as

      26/11/18 Votación sector pais/nais do alumnado.

      27/11/18 Terceira reunión da Xunta Electoral: Proclamación de candidatos elixidos.

      03/12/18 Constitución do Consello Escolar.

2.Acórdase publicar o censo electoral segundo calendario establecido.

3.Acórdase aprobar o modelo de instancia para presentarse como candidato, que se achega coa presente acta.

4.Acórdase enviar circular informativa aos pais/nais de todo o proceso e o calendario electoral.

5.Acórdase fixar a seguinte reunión ás 11:45 h. do día 19/11/18 para atender aos puntos da Orde do Día.

            -Proclamación de candidatos.

            -Aprobación definitiva de censos electorais

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018. SORTEO DOS COMPOÑENTES DA XUNTA ELECTORAL

 

SORTEO DOS COMPOÑENTES DA XUNTA ELECTORAL

En Mondego (Sada), no CEIP PEDRO BARRIE DE LA MAZA, e sendo as 11:45 h. do día 31 de outubro, procédese a realizar o sorteo público dos compoñentes da Xunta Electoral, segundo as instruccións da Resolución do 25 de setembro de 2018 (DOG 8 de outubro de 2018)

O director do centro será o presidente da Xunta e velará polo proceso de renovación parcial do Consello Escolar do Centro.

Unha vez realizado o sorteo público saen elixidos:

SECTOR PAIS E NAIS:

1.      Dna. Sandra Babio Suárez                 (titular)

2.      Dna. María Esperanza García Pernas       (suplente)

SECTOR PROFESORADO:

1.      Dna. María José Lorenzo Vilas            (titular)

2.      Dna. Fátima Gómez Carballido             (suplente)

SECTOR ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS:

1.      Dna. María Victoria Pena Pérez           (titular)

2.      D. Carlos Barrientos Soneira             (suplente)

Actúan como testigos do sorteo:

- Dna.Silvia Vigo Corral               (mestra)    DNI   47385603Z

- Dna. Lucía Palomanes Carreira  (mestra)    DNI   53301425Y

- Dna. Raquel Vilar García           (mestra)    DNI   53301502Z                     

- Dn. Alberto Herreras Valbuena  (mestre)    DNI   09744098X    

- Dn. Carlos Barrientos Soneira  (conserxe)  DNI   76320673A

- Dn. Odilo Airas López              (director)   DNI   34721287G

 

CIRCULAR INFORMATIVA Nº1: SOBRE A ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS DE ALUMNOS/AS NO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO

A resolución de 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (D.O.G. 08/10/2018) establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros de educación non universitarios.

O Proceso, na parte que implica aos pais e nais dos alumnos, segue os seguintes pasos:

  1. Sorteo de membros da Xunta Electoral.
  2. Convocatoria e constitución da Xunta Electoral.
  3. Presentación de Candidaturas.
  4. Publicación dos Censos Electorais.
  5. Proclamación de candidaturas.
  6. Presentación de reclamacións, se as houbera
  7. Votación e escrutinio.
  8. Proclamación de candidatos elixidos.
  9. Constitución do Consello Escolar.

O Sorteo público para a formación da XUNTA ELECTORAL realizarase o mércores  31 de outubro ás 11:45 horas. Unha vez constituída (día 5  Nov.) emitirase información puntual do proceso mediante circulares.

Excursión 5º de E. Primaria Acuario

O alumnado de 5º de E. Primaria visitou o Aquarium Finisterrae, "Casa de los Peces", e a Torre de Hércules o día 16 de novembro de 2018. Preme na foto e poderás ver moitas máis.

A festa do magosto 2018

Celebramos o magosto asando e comendo castañas! Novembro 2018. Preme nas fotos e poderás ver moitas máis. 

 

                           

E..... directamente con E.Infantil (preme aquí)

Programa TEI. Coñecemento entre titores e titorizados.

De novo no programa TEI !!!

Sesión de coñecemento entre titores e titoras de 5º de Primaria e titorizados de 3º de Primaria.

O alumnado de 5º (titores) coñece aos seus titorizados/as de 3º nunha sesión chea de emocións, onde mediante entrevistas, coñecéronse mutuamente.

Preme na foto e poderás ver moitas máis.

Samaín 2018

Grazas ás familias por axudar aos nenos e nenas a decorar as cabazas e así poder facer esta exposición para celebrar o Samaín. Preme na foto para velas todas.

E...directamente con Infantil!!!

Visita ao MAC "A poética da sinaléctica"

Os días 24, 25 e 26 de outubro de 2018 os alumnos de 2º, 3º e 4º de E. Primaria visitaron o MAC participando no Taller sobre a exposición Drift ( A poética da sinaléctica)

 

Cambio das ventás e lucernarios do colexio

O alcalde de Sada anunciou o cambio das ventás e lucernarios do colexio tras confirmación do Instituto para a diversificación e aforro de Enerxía que xestiona os fondos Feder, do que logrouse una axuda para afrontar o 80% do gasto.

A  comunidade educativa está moi leda do anuncio que nos fixo o alcalde de Sada, que nos vai mellorar as ventás do colexio substituíndoas por unhas adaptadas aos novos tempos e para a eficiencia térmica.

Parabéns, e que siga facendo cousas polo centro que é de todos e para todos.

TEI 2019

O día 24 de outubro de 2018 celebramos no salón de actos a entrega de diplomas e carnés ao alumnado de 5º e 3º de E. Primaria para a implementación do “Programa TEI”, prevención da violencia e acoso escolar, asistindo o alcalde e a concelleira de Cultura de Sada, xunto co CFR A Coruña (Centro de Formación e Recursos), a Inspección educativa representada pola inspectora de zona Dna. Isabel García, o presidente da Anpa Quintán e representantes do claustro de profesores xunto coa coordinadora do proxecto.
Dende o Ceip Pedro Barrié de la Maza entendemos que a prevención da violencia é a aposta por unha mellor convivencia no centro escolar. 
Queremos agradecer a súa presenza do mesmo modo que ao alumnado de 5º e 3º de E. Primaria a súa boa acollida para a participación e continuidade no programa.

JUDO, Coñece o meu Clube

 
Esta semana o JUDO CLUB CORUÑA desenvolveu unha actividade para "coñecer o meu clube" en colaboración coa federación galega  de judo e o profesorado de E. Física do centro.
Realizouse una sesión didáctica de iniciación ao judo no ximnasio do colexio para toda a E. Primaria e parte de E. Infantil
Ao finalizar as sesións repartíronse agasallos facendo unha ronda de preguntas por parte do alumnado.

Novas 2018

REUNIÓN DE PAIS SETEMBRO - OUTUBRO 2018

EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 1º NIVEL  17 SETEMBRO  17:00 HORAS

2º NIVEL   1 OUTUBRO     18:00 HORAS

3º NIVEL  24 SETEMBRO  17:00 HORAS

4º NIVEL   17 SETEMBRO   18:00 HORAS

5º NIVEL  24 SETEMBRO  18:00 HORAS

6º NIVEL   1 OUTUBRO     17:00 HORAS

Fondo libros

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2018-2019

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS FONDOLIBROS

LISTAXE DEFINITIVA DE EXCLUÍDOS FONDOLIBROS

 

 

Poden pasar polo centro para consultar e  recoller os vales, se é o caso, para as axudas para libros de texto de 1º e 2º curso de E. Primaria e as axudas para material escolar de toda a E. Primaria.

 

NOVAS DE MONDEGO!!

Un ano máis aquí temos a revista escolar NOVAS DE MONDEGO!! Un resumo do que aconteceu neste curso escolar 2017/2018

Excursión fin de curso Madrid 2018

Carreiras 2018

O día 8 de xuño o Ceip Pedro Barrié de la Maza celebrou como ven sendo habitual dende fai moitos anos un día de deporte escolar coa participación de todo o colexio en carreiras populares. 
Dentro do programa TEI, os titore e titorizados  fixeron unha carreira por parellas.

Entrega TV no sorteo Pro-Excursión fin de curso de 6º E. Primaria 2018

No sorteo pro-excursión fin de curso de 6º de E. Primaria o Ceip Pedro Barrié de la Maza fixo entrega dunha televisión de pantalla plana al posuidor do boleto premiado.

Día mundial do medio ambiente, 5 de xuño de 2018

ReciclArte: Exposición dos traballos realizados polas alumnas e alumnos de todo o colexio.

5 de xuño DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

(preme na foto para ver a exposición)

E  ....directamente con Educación Infantil

NOTA INFORMATIVA ÁS FAMILIAS

O DÍA 4 xuño de 2018, luns, ás 17:00 horas terá lugar unha reunión para os pais dos NENOS/AS NOVOS DE 3 ANOS (acudirase á reunión sen os nenos)

O alumnado admitido no Centro formalizará a súa matrícula na Secretaría do Centro, do 20 ao 30 de xuño. Se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído no dereito á praza obtida.

 

XXIII Día da ciencia na rúa

O Ceip Pedro Barrié de la Maza participará na XXIII edición de "Ciencia na rúa" coas seguintes actividades: Buxainas recicladas - Descompoñemos a luz - Hologramas - Magnetismos máxicos - Vermes de seda - Xogos matemáticos.

Excursión 6º E. Primaria Betanzos

O alumnado de 6º de E. Primaria foi de excursión o venres 20 de abril de 2018 ao Pazo de Mariñán, o Museo das Mariñas, o Pasatempos e a cidade vella de Betanzos. Se queres ver máis imaxes clica na foto.

LISTAXE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO 2018-2019

LISTAXE PROVISIONAL DE TODO O ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2018-2019

4º E. INFANTIL

5º E. INFANTIL

6º E. INFANTIL

1º E. PRIMARIA

2º E. PRIMARIA

3º E. PRIMARIA

Se poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o Consello Escolar.

Badminton 2018

Este venres 13 de abril de 2018 O Ceip Pedro Barrié de la Maza participou na actividade deportiva  XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar) nunha xornada de bádminton na fase local na categoría de alevíns.

Dende as cinco da tarde e ata as nove da noite no pavillón do Club do Mar de San Amaro en A Coruña o noso alumnado  estivo disfrutando do bádminton  con outros participantes do Obradoiro e do propio Clube do Mar.

A participación foi moi satisfactoria, conseguindo tres medallas: dous na categoría feminina e a outra na categoría masculina, e a conseguinte clasificación para a seguinte fase.

Feira matemática 2018

 

O Ceip Pedro Barrié de la Maza participou o sábado 7 de abril de 2018 na duodécima feira matemática, organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática.

A feira, que se desenvolveu en Palexco, A Coruña, contou con postos nos que os estudantes mostraron ao resto de participantes as súas propostas didácticas e actividades matemáticas. Video

 

Excursión Belas Artes 6º de E. Primaria 2018

O alumnado de 6º de E. primaria foi de excursión A Coruña e ao museo de Belas Artes.

Clica na imaxe para ver as fotos desta actividade

 

Xornada de portas abertas curso 2018-19

Xornadas de portas abertas

Pensando na matrícula do próximo curso?

As Xornadas de portas abertas para as familias do alumnado de novo ingreso para o vindeiro curso 2018/2019 xa están aquí!

Todas aquelas familias que estean interesadas en matricular aos seus fillos e fillas no noso centro poderán visitar as instalacións nas seguintes datas:

  • MÉRCORES  21 DE FEBREIRO de 16:00 a 18:00 horas
  • 1º Turno ás 16:00 horas
  • 2º Turno ás 17:00

 

  • MÉRCORES 28 DE FEBREIRO de 16:00 a 18:00 horas
  • 1º Turno ás 16:00 horas
  • 2º Turno ás 17:00

Entroido 2018

Taekwondo 2018

A nosa alumna Yaiza Velo Díaz en la 1st  President's Cup for children celebrada en Alemaña conseguiu a medalla de oro en taekwondo.
Noraboa polo excelente resultado.

Distribuir contido


by Dr. Radut