Skip to Content

Eleccións Consello Escolar 2018

ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE PAIS AO CONSELLO ESCOLAR.

 Circular informativa

 

ACTA DA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL

Reunión  dos compoñentes da Xunta Electoral para a admisión e proclamación de candidaturas presentadas polos distintos sectores.

 

ACTA DA PRIMEIRA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL

En Mondego (Sada) ás 11:45 h. do día 5 de novembro de 2018, unha vez constituída a Xunta Electoral que vai regular o proceso de eleccións ao Consello Escolar do Centro, en conformidade co artigo 31.b) do Decreto 92/1988 do 28 de abril, e estando presentes todos os seus membros adóptanse os seguintes acordos:

1.Acórdase fixar o calendario electoral coas seguintes datas:

      29/10/18 Circular informativa aos pais e nais.

      05/11/18 Publicación e reclamación aos Censos Electorais.

      Do 7 ao   14/11/18 (ambos inclusive) Presentación de candidaturas.

      19/11/18 Claustro informativo das normas

      19/11/18 Segunda reunión da Xunta Electoral: -Proclamación de candidaturas – sorteo de compoñentes da mesa   electoral para a votación de pais/nais – Modelo de papeleta de votación 

      26/11/18 Votación sector mestres/as

      26/11/18 Votación sector pais/nais do alumnado.

      27/11/18 Terceira reunión da Xunta Electoral: Proclamación de candidatos elixidos.

      03/12/18 Constitución do Consello Escolar.

2.Acórdase publicar o censo electoral segundo calendario establecido.

3.Acórdase aprobar o modelo de instancia para presentarse como candidato, que se achega coa presente acta.

4.Acórdase enviar circular informativa aos pais/nais de todo o proceso e o calendario electoral.

5.Acórdase fixar a seguinte reunión ás 11:45 h. do día 19/11/18 para atender aos puntos da Orde do Día.

            -Proclamación de candidatos.

            -Aprobación definitiva de censos electorais

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018. SORTEO DOS COMPOÑENTES DA XUNTA ELECTORAL

 

SORTEO DOS COMPOÑENTES DA XUNTA ELECTORAL

En Mondego (Sada), no CEIP PEDRO BARRIE DE LA MAZA, e sendo as 11:45 h. do día 31 de outubro, procédese a realizar o sorteo público dos compoñentes da Xunta Electoral, segundo as instruccións da Resolución do 25 de setembro de 2018 (DOG 8 de outubro de 2018)

O director do centro será o presidente da Xunta e velará polo proceso de renovación parcial do Consello Escolar do Centro.

Unha vez realizado o sorteo público saen elixidos:

SECTOR PAIS E NAIS:

1.      Dna. Sandra Babio Suárez                 (titular)

2.      Dna. María Esperanza García Pernas       (suplente)

SECTOR PROFESORADO:

1.      Dna. María José Lorenzo Vilas            (titular)

2.      Dna. Fátima Gómez Carballido             (suplente)

SECTOR ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS:

1.      Dna. María Victoria Pena Pérez           (titular)

2.      D. Carlos Barrientos Soneira             (suplente)

Actúan como testigos do sorteo:

- Dna.Silvia Vigo Corral               (mestra)    DNI   47385603Z

- Dna. Lucía Palomanes Carreira  (mestra)    DNI   53301425Y

- Dna. Raquel Vilar García           (mestra)    DNI   53301502Z                     

- Dn. Alberto Herreras Valbuena  (mestre)    DNI   09744098X    

- Dn. Carlos Barrientos Soneira  (conserxe)  DNI   76320673A

- Dn. Odilo Airas López              (director)   DNI   34721287G

 

CIRCULAR INFORMATIVA Nº1: SOBRE A ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS DE ALUMNOS/AS NO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO

A resolución de 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (D.O.G. 08/10/2018) establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros de educación non universitarios.

O Proceso, na parte que implica aos pais e nais dos alumnos, segue os seguintes pasos:

  1. Sorteo de membros da Xunta Electoral.
  2. Convocatoria e constitución da Xunta Electoral.
  3. Presentación de Candidaturas.
  4. Publicación dos Censos Electorais.
  5. Proclamación de candidaturas.
  6. Presentación de reclamacións, se as houbera
  7. Votación e escrutinio.
  8. Proclamación de candidatos elixidos.
  9. Constitución do Consello Escolar.

O Sorteo público para a formación da XUNTA ELECTORAL realizarase o mércores  31 de outubro ás 11:45 horas. Unha vez constituída (día 5  Nov.) emitirase información puntual do proceso mediante circulares.



page | by Dr. Radut