Skip to Content

Día da Paz 2018

O martes 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz cantando cancións no patio do colexio. Celebrando a vida, como capitáns, con unha soa voz, querendo a paz, compartindo o sol...

O MUNDO QUERE ESTAR EN PAZ.


TEI 2018

Dende o Ceip Pedro Barrié de la Maza entendemos que a prevención da violencia é a aposta por unha mellor convivencia no centro escolar.

A Concellería de Educación de Sada xunto co CFR A Coruña (Centro de Formación e Recursos), a Inspección educativa representada pola inspectora de zona Dna. Isabel García, o inspector xefe D. Fermín Álvarez, o presidente da Anpa Quintán e representantes do claustro de profesores xunto coa coordinadora do proxecto celebramos no salón de actos do colexio a entrega de diplomas e carnés ao alumnado de 5º de E. Primaria para a implementación do  “Programa TEI. Prevención da violencia e o acoso escolar”.

 

Queremos agradecer a súa presenza do mesmo modo que ao alumnado de 5º e 3º de E. Primaria a súa boa acollida para a participación no programa.

Campo a través Os Menhires 2018

Celebrouse este sábado 20 de xaneiro de 2018, dentro do deporte escolar Xogade, a fase intercomarcal de campo a través “Os Menhires” no parque da Torre de Hércules en A Coruña.
Cun percorrido bastante duro os nosos alumnos/as  participaron estupendamente.
Os resultados foron moi satisfactorios:
2  segundos postos  en indivuduais  e primeiros como equipo en benxamín masculino  e terceiros en infantil masculino.

Campo a través Acea da Ma 2017

Comenzó este xoves 14 de decembro de 2017 o campionato de campo a través en Acea da Ma coa participación gran cantidade de atletas escolares dos clubes e colexios.

O noso colexio participou con 46 alumnos e os resultados foron moi satisfactorios, obtendo podio e medalla en casi todas as categorías.

 

Por equipos quedamos en primeiro lugar en case todas as categorías: infantil masculino, alevín masculino, alevín feminino, benxamín masculino e benxamín feminino.

Circular Informativa Familia dos Centros participantes no Programa TEI

Circular Informativa Familia dos Centros participantes no Programa TEI

Dende a Concellería de Educación, Xuventude e Saúde xunto co CFR A Coruña(Centro de Formación e Recursos) dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, previa petición dos centros escolares e a implicación dos seus claustros, este curso 2017-2018 implementarase o “Programa TEI. Prevención da violencia e o acoso escolar”.

Trátase dun programa de convivencia para a prevención da violencia e o acoso escolar, é institucional e implica a toda a comunidade educativa, oriéntase a mellorar a integración escolar e  traballa por unha escola inclusiva e non violenta, fomentando que as relacions entre iguais sexan máis satisfactorias, dirixido á mellora ou modificación do clima e a cultura do centro respecto da convivencia, conflicto e violencia (física, emocional ou psicolóxica). Baseándose na tutorización emocional entre iguais donde o respecto, a empatía e o compromiso son los pilares básicos do  desenvolvemento nos centros educativos.

 Como a boa implementación do programa depende tamén da implicación de toda a comunidade educativa o vindeiros mércores, xoves e venres (22,23 e 24 de novembro) terá lugar a formación dos e das docentes implicados no programa dos diferentes centros e do mesmo xeito terá lugar a formación e explicación dirixidas ás familias, que son un pilar fundamental na relación alumnado-centro escolar. Por eso mesmo vos informamos que a formación/información para as familias terán lugar nos días, horas e localización abaixo indicados.

–            

Familias Secundaria: mércores 22 de novembro ás 19:30 horas na Sala de usos múltimes do IES Isaac Díaz Pardo.

–            

Familias Primaria: xoves 23 de novembro ás 19:30 horas na Sala de usos múltiples do IES Isaac Díaz Pardo. 

Entendendo que a prevención da violencia e a aposta por unha mellor convivencia nos centros escolares depende de todas e todos, agardamos a túa importante asistencia para implementar un programa que ten o respaldo especializado da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Barcelona e a Universidade de Alicante.

 Sada, venres 17 de novembro de 2017.

SAMAÍN 2017

Un ano máis, damos as grazas ás familias por axudar aos nenos e nenas a decorar as cabazas e así poder facer as exposicións para celebrar o Samaín.

Si premes na foto poderás acceder a páxina do EDLG no Samaín e ver un bonito caderno e dous documentos pdf sobre a exposición de cabazas feitas no noso colexio e algúns dos nosos alumnos e alumnas.

Una experiencia en Canadá

Link do blogue do mestre de inglés Manuel González Iglesias para a difusión da experiencia no estranxeiro do programa PIALE

Una experiencia en Canadá 

 

Nomeamento de profesor de PT

Agradecemos á Xefatura Territorial de A Coruña e o Inspector Xefe que a vacante solicitada dun mestre de educación especial: Pedagoxía Terapéutica fose cuberta.

Revista 2017

Mondego protexe aos animais

Dende o CEIP Pedro Barrié de la Maza traballamos para educar aos nosos alumnos e alumnas no respecto aos animais

preme no enlace e  accederás ao noso blog onde poderás ver os nosos traballos e cousas interesantes

Excursión fin de curso 2017

Entrega TV no sorteo Pro-Excursión fin de curso de 6º E. Primaria

No sorteo pro-excursión fin de curso de 6º de E. Primaria o Ceip Pedro Barrié de la Maza fixo entrega dunha televisión de pantalla plana al posuidor do boleto premiado.

Carreiras 2017

O día 2 de xuño o Ceip Pedro Barrié de la Maza celebrou como ven sendo habitual dende fai moitos anos un día de deporte escolar coa participación de todo o colexio en carreiras populares.

Somos biosfera

O Ceip Pedro Barrié de la Maza participou o día 25 de maio na clausura do programa de educación ambiental Somos Biosfera 2017 presentando os traballos realizados polo alumnado.

ciencia na rúa

O día 6 de maio  o noso centro participou na XXII edición da Ciencia na Rúa convocado pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e museos científicos.
Desfrutamos moito desta nova experiencia!

Muncyt

O xoves 4 de maio os alumnos de 5º de E. Primaria visitaron o Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT)
Co motivo do 5 aniversario os visitantes recibiron un agasallo (unha taza co logotipo do museo).
Posteriormente foron ao parque escultórico da Torre de Hércules.

Concerto didáctico

O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria foi o día 28 de abril ao concerto didáctico da orquesta sinfónica de Galicia “Catro Tímbricas Pintadas” que desenvolve unha narrativa onde os cores que configuran as imaxes está asociadas a cada un dos instrumentos que conforman o conxunto, percusión, piano, flauta e violín.
Posteriormente foron ao parque do monte de San Pedro.

Feira Matemática 2017

O Ceip Pedro Barrié de la maza participou na XI feira matemática celebrada o día 22 de abril de 2017, sábado, no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata as 19 h. organizada por AGAPEMA  ( Asociación galega do profesorado de educación matemática).
Participando tamén no XI Concurso Fotografía Matemática 2017 e obtindo o premio na categoria Educación Primaria e primeiro ciclo da ESO  coa fotografía Corchomáticas.
“Mi proyecto está realizado con corchos y palitos de helado; se trata de reciclar!
Si queremos podemos hacer matemáticas con muchos materiales diferentes.
Los corchos son una forma divertida de sumar, restar, multiplicar y dividir en 3 dimensiones.”
Autora: Elena Novo Mariz, alumna de 3º curso de Ed. Primaria do CEIP Pedro Barrié de la Maza. (Mondego, Sada).

Bádminton


Este venres 21 de abril de 2017 O Ceip Pedro Barrié de la Maza participou na actividade deportiva  XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar) nunha xornada de bádminton na fase local na categoría de alevíns.
Dende as cinco da tarde e ata prácticamente as nove da noite no pavillón do Club do Mar de San Amaro en A Coruña o noso alumnado  estivo disfrutando do bádminton nos partidos eliminatorios con outros participantes do Obradoiro e do propio Clube do Mar.
A participación foi moi satisfactoria, conseguindo tres medallas: dous na categoría feminina e a outra na categoría masculina, e a conseguinte clasificación para a seguinte fase destes alumnos.

 

1º de primaria visita o centro de Día de Mondego

PROGRAMA INTERXENERACIONAL PARA TRABALLAR A CONVIVENCIA ENTRE O ALUMNADO DO COLEXIO E O CENTRO DE DÍA DE MONDEGO-SADA

ACTIVIDADES: - Coñecer o Centro de Día e instalacións.  Interactuar, relatando contos clásicos entre os usuarios do Centro de Día e os nosos alumnos-as.

                         

 

Xornadas de portas abertas

Xornadas de portas abertas

Pensando na matrícula do próximo curso?

As Xornadas de portas abertas para as familias do alumnado de novo ingreso para o vindeiro curso 2017/2018 xa están aquí!

Todas aquelas familias que estean interesadas en matricular aos seus fillos e fillas no noso centro poderán visitar as instalacións nas seguintes datas:

  • MARTES 21 DE FEBREIRO de 16:00 a 18:00 horas
  • MÉRCORES 22 DE FEBREIRO de 16:00 a 18:00 horas

 

Agardamos vervos polo cole!

Celebramos o Día da Paz , lunes 30 de xaneiro 2017

O luns 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz cantando cancións no patio do colexio baixo a tutela da nosa animada profe de relixión: LitaRisa

Casa das Ciencias

Os alumnos de 5º de E. Primaria visitaron o día 25 de xaneiro de 2017 a Casa Das Ciencias onde disfrutaron cos experimentos sobre a física do mundo que nos rodea e o Planetario coa proxección “ Da terra ao universo”, unha viaxe de astronomía, dende as teorías dos antigos astrónomos gregos ata os impoñentes telescopios da actualidade. Ademais deleitaronse co esplendor dos diversos mundos do Sistema Solar, a fiereza do Sol abrasador e os coloridos lugares onde nacen e morren as estrelas.

Visita ao AQUARIUM FINISTERRAE

O xoves día 19 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 1º de Primaria fixeron unha visita ao AQUARIUM FINISTERRAE

Campo a través Os Menhires

Celebrouse este sábado 21 de xaneiro dentro do deporte escolar Xogade, a fase intercomarcal de campo a través “Os Menhires” no parque da Torre de Hércules en A Coruña.

Clicando na imaxe pódese ver as fotos no blog de MondegoXogade.

Campo a través Acea da Ma

Comenzó este xoves 12 de xaneiro de 2017 o campionato de campo a través en Acea da Ma coa participación de gran cantidade de atletas escolares dos clubes e colexios.
Cada equipo esta formado por seis corredores, dos que puntuan os catro mellor clasificados.
As clasificacións:
• Individual. Segundo a orde de entrada na meta.
• Por equipos. A puntuación dos equipos resulta da suma dos puntos obtidos polos 4 atletas mellor clasificados de cada equipo, e gaña o equipo que menos puntos suma.
Para o Campionato Intercomarcal clasificaranse os dous mellores equipos e os oito primeiros/as atletas de cada categoría.
Está previsto que a fase Intercomarcal  sexa o vindeiro sábado 21/01/2017 en o parque de"Os Menhires", A Coruña.
O noso colexio participou con 46 alumnos e os resultados foron moi  satisfactorios, obtindo podio e medalla en casi todas as categorías. 
Por equipos quedamos en primeiro lugar en benxamín  feminino. E segundos en tres categorías. 

Clicando na imaxe pódese ver as fotos no blog de MondegoXogade.

Distribuir contido


by Dr. Radut