Skip to Content

TEI 2018

Dende o Ceip Pedro Barrié de la Maza entendemos que a prevención da violencia é a aposta por unha mellor convivencia no centro escolar.

A Concellería de Educación de Sada xunto co CFR A Coruña (Centro de Formación e Recursos), a Inspección educativa representada pola inspectora de zona Dna. Isabel García, o inspector xefe D. Fermín Álvarez, o presidente da Anpa Quintán e representantes do claustro de profesores xunto coa coordinadora do proxecto celebramos no salón de actos do colexio a entrega de diplomas e carnés ao alumnado de 5º de E. Primaria para a implementación do  “Programa TEI. Prevención da violencia e o acoso escolar”.

 

Queremos agradecer a súa presenza do mesmo modo que ao alumnado de 5º e 3º de E. Primaria a súa boa acollida para a participación no programa.



page | by Dr. Radut