Skip to Content

Nadal 2016

O Tempo

Conseguir unha boa predicción é labor, en parte, de persoas que a priori niguén imaxinaría.
Unha delas é Antonio Rodríguez Vicente, mestre do Ceip Pedro Barrié de la Maza de Mondego- Sada, que dende fai moito tempo colabora coa Axencia Estatal de Meteoroloxía.
Esta axencia ten máis de  dous mil trecentos colaboradores e Antonio coa axuda de moitos dos seus alumnos recollen datos da estación termopluviométrica.
Tarefa que leva a cabo todos os días con gran dedicación e afición de forma altruista para perfilar as estatísticas meteorolóxicas enviándollas con puntualidade e gran esmero.

Visita ao teatro Colón: As catro estacións

Alumnos de 1º, 2º, 5º, e 6º curso de E. Primaria foron ao teatro Colón de A Coruña ao estreno de "As catro estacións" a cargo do Centro Coreográfico Galego.

Un espectáculo contemporáneo de danza  sobre a música de Antonio Vivaldi con coreografías de Iker Gómez y Kenneth Tindall.

 

 

Excursión Madrid 2016

Excursión a Madrid alumnos de 6º

REVISTA ESCOLAR DIXITAL

Un ano máis aquí temos a nosa revista escolar dixital NOVAS DE MONDEGO

Se queres imprimir algo da revista ou a revista completa, tes que ir ao espazo de DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA: Revista escolar dixital donde atoparás unha versión en pdf.

 

 

 

 

 

Actuacións urxentes

O xefe territorial, Indalecio Cabana, anunció actuacións urxentes que o seu departamento acometerá no Ceip Pedro Barrié de la Maza de Mondego, Sada.

En concreto, trátase de a realización de oito cabinas de baño dentro de cada unha das aulas de E. Infantil.

 

Non é a única actuación prevista pola consellería xa que durante a súa visita ao colexio recordó que tamén levarase a cabo o arranxo da rampa de comunicación interna e a construcción dun baño adaptado para alumnos con necesidades de E. Primaria así coma outras pequenas cousas.

AULA DE INFORMÁTICA

NOVA AULA DE INFORMÁTICA

No nome do Ceip Pedro Barrié de la Maza  queremos expresar o noso agradecemento á Fundación Paideia Galiza polas doacións de equipos informáticos e material tecnolóxico que recibimos, ao Concello de Sada e á Anpa Quintán do Ceip Pedro Barrié de la Maza, polas súas aportacións sen as cales este proxecto no podería levarse a cabo.

 

Novas

 

Excursión fin de curso 6º a Madrid

 

Libros de texto e material escolar para o curso 2015-2016

Festa do deporte

O  venres  7 de xuño celebramos no noso centro o "Día do Deporte" a ANPA de Quintán subvencionou as camisetas, este ano de color malva, que eran o premio da participación.

Campaña mundial pola educación


Dende o noso centro sumamonos a inciativa da CAMPAÑA MUNDIAL DOLA EDUCACIÓN.  
A UNESCO calcula que se necesitan 1.7 millóns adicionais de docentes para conseguir que a Educación Primaria Universal sexa unha realidade no ano 2015. En total, uns 114 países teñen déficit de mestres e mestras de primaria, e só en África necesítase un millón.

Celebración do dia do libro

Aquí vos queda un resume da nosa celebración do día do libro, Simplemente disfrutamos xuntos do placer de ler, interpretar, e escoitar xuntos fermosas palabras entorno a lectura.

Dia do libro

O día 23 de abríl celebraremoso dia do libro. 
Esta efeméride ten carácter mundial. Elexiuse este dia porque no ano 1616 fixo o seu pasamento dous xeniais escritores: Cervantes e Sheaspeare. Por ser unha data simbólica a UNESCO pra rendir unha homenaxe o libro e os seus autroes, e dar folgos a todos a descubrir o placer e a maxia de lectura. 
Esta suxestión ten a súa orixe en Cataluña onde se celebra o día o día de Sant Jordi,(patrón de Cataluña e Aragón) a tradición manda regalarlle as persoas amadas un libro e unha flor.

Para reflexionar sobre a importancia da lectura e animarnos  a ser grandes lectores editamos carteis e un "manual do bo lector".

O club de lectura

Estés días ponse en marcha no noso centr o club de lectura "O mundo de Maxín".
 O club será coordinado pola profesora Antonia Lagares Presa. 
O libro elexido para comenzar é "O Neno Can" de Fina Casalderrey e Francisco Castro. 

Dia da muller

Para celebrar o día da muller na nosa biblioteca facemos unha exposición bibligráfica que nos permita reflexionar e profundizar este tema. 
Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras textiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban.
Distintos movementos sucedéronse a partir desa data. O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a disminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos. Durante esa folga, pereceron máis dun centenar de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ao dono da fábrica como resposta á folga.

En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.

Actualmente, celébrase como o Día Internacional da Muller.

A metereoloxía no noso centro

 Estes días os medios de comunicación locais fixéronse eco dunha actividade tradicional do noso centro.
O noso centro conta cunha caseta de "Estación Metereolóxica", dede hai moitos anos, unha das poucas das que quedan con persoal humano como encargado. Esta estación metereolóxica conta cun termómetro que mide as temperaturas máxima e mínima e un pluviómetro.
Esta estación depende da AEMET (Axencia estatal de Metereoloxïa). A observación é levada por colaboradores voluntarios que anotan as temperatuaras máximas é mínimas e as precipitacións caídas no día anterior. Os datos son tomados tódolos días  sábados e domingo e vacacions inclusive e son enviados por correo electrónico unha vez o mes o AEMET. Estes datos serven para elaborar estatísticas; táboas, mapas etc... 

Celebración do Entroido

A ONU ten declarado o ano 2013 "ano internacional da esfera da auga", no noso centro unímonos a esta proclama e o centro de interese do entroido foi a auga, e pese a que o dia da festa fixo a súa presencia e tivemos que celebrar a nosa festa no pavillón, pasamolo estupendamente cos nosos xogos xuntando puntiños para cambialos no escaparete por femosos regalos e sabrosas "chuches."

Celebración día da Paz

Celebramos o día da Paz Escolar e non Violencia cantando xuntos  e facendo unha festa de amizade no  patio da nosa comunidade. 

Dia da paz

Alumnos de ciclo medio cantaron a canción "Que canten los niños"

 

 

 

Alumnos de primer ciclo cantando: "Los niños queremos la paz".

 

 

 

 

Alumnos de tercer ciclo cantando "No dudaría"

Todos os alumnos de primaria xuntos cantamos " A muralla" 

Exposición documental

Para celebrar o día escolar da PAZ e non violencia escolar na Biblioteca do noso centro  temos feita  unha exposición de fondo documental para reflexionar sobre este evento que celebraremos con distintas actividades na nosa comunidade educativa.

Visita de Maria Menendez Ponte

O 21 de xaneiro estivo con nos no noso centro a escritora María Menéndez Ponte, compartiu connosco o coñecemento de algúns dos persoaxes  (Pupi, Aloe, Pinchón, Lila) que ten creado para nos e que tanta simpatia levantan no noso maxin e animan as nosas tarefas diarias.

Carreiras

O mércores 16 de xaneiro de 2013  celebrouse en Cambre nas instalación do Polideportivo Municipal Os Campóns a fase local do Campionato de Campo a Través.
O noso centro participou con atletas nas distintas categorías, benxamíns, alevíns e infantís.
Conseguimos subir ao podio en repetidas ocasións e colgarnos moitas medallas.

club de lectura.

Para empezar o ano con ilusión, convocamos a os alumnos de terceiro ciclo a participar no club de lectura "O mundo de maxín", podedes apuntarvos antes do día 31 de xaneiro na Biblioteca.
Podedes atopar maís información e atopar o formulario de inscripción aquí 

Dereitos das Persoas

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) declarou o 20 de novembro  como día "dos dereitos do neno", e o día 10 de decembro como o día dos "dereitos da humanidade"

Para celebrar ditas efemérides no noso centro temos feito unha exposición documental que nos axude a a coñecer e afondar nos nosos dereitos e deberes. 

Os  dereitos humanos son os dereitos básicos que debemos ter para ter unha vida plena. 

Tódalas persoas merecen a oportunidade de acadar o crecemento e o desenvolvemento das suas capacidades máis aló das necesidades básicas.

 Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos. Dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros. - Artigo 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.


O Samaín

Así pasamos celebramos o Samaín na nosa comunidade

Promoción Biblioteca

Esperemos que vos guste este video de promoción da nosa biblioteca. 

Formación de Colaboradores

 Para celebrar a semana da Biblioteca Escolar, os alumnos colaboradores tiveron unha sesión de formación realizada por Alicia Barral,  na que aprenderon como está organizada a nosa biblioteca e o seu funcionamento, comprometéndose  a realizar a función de mantemento da colección e de axudar a os usuarios na procura da información e das lecturas que precisan.

A o remate da sesión, puxémos en marcha o  "Programa de Fomento da Lectura en Familia" sairon as mochilas viaxeiras rumbo a casa de todo o noso alumnado. 
Esperamos que teñan unha boa acollida e sementen ilusións, soños, fantasía e que produzan un incremento do afán lector da nosa comunidade educativa. 

O caderno de Maxín

A mochila viaxeira vai acompañada dun caderno no que cada quen deixa plasmada a súa idea creativa, un poema que lle gustou, un chiste para facernos rir, unha adiviña para que pensemos, un corido debuxo...
No seguinte libro podedes atopar unha selección das creacións dos nosos alumnos e alumnas durante o curso 2011/2012.
Buscade o CADERNO DO MAXÍN nas  mochilas e PARTICIPADE!

Caderno viaxeiro

Impórtannos moito as opinións dos alumnos e das súas familias. A partir delas intentamos mellorar ano tras ano o proxecto da Mochila Viaxeira. Aquí tedes unha selección das vosas aportacións durante o curso pasado. Animámosvos a que continuides plasmando as vosas reflexións no CADERNO VIAXEIRO.

Distribuir contido


by Dr. Radut