Skip to Content

TEI 2019

O día 24 de outubro de 2018 celebramos no salón de actos a entrega de diplomas e carnés ao alumnado de 5º e 3º de E. Primaria para a implementación do “Programa TEI”, prevención da violencia e acoso escolar, asistindo o alcalde e a concelleira de Cultura de Sada, xunto co CFR A Coruña (Centro de Formación e Recursos), a Inspección educativa representada pola inspectora de zona Dna. Isabel García, o presidente da Anpa Quintán e representantes do claustro de profesores xunto coa coordinadora do proxecto.
Dende o Ceip Pedro Barrié de la Maza entendemos que a prevención da violencia é a aposta por unha mellor convivencia no centro escolar. 
Queremos agradecer a súa presenza do mesmo modo que ao alumnado de 5º e 3º de E. Primaria a súa boa acollida para a participación e continuidade no programa.



page | by Dr. Radut