Skip to Content

Documentación

Documentos para o profesorado

Guía da LOMLOE

 

O ESPAZO DO CURRÍCULO GALEGO

 

  
       
Pulsa arriba para acceder ao currículo galego LOMLOE das distintas etapas educativas

Alerta Escolar

O programa Alerta Escolar implica ás consellerías de educación e de sanidade, permitindo unha atención urxente ao alumnado cunha serie de condicións crónicas (potencialmente graves) como son a: diabetes, a epilepsia e as alerxias graves (progresivamente irán ampliando o rango de atención).

Formulario de alta en alerta escolar (para os pais que queiran, voluntariamente, inscribir aos seus fillos no programa):

Carteis para as aulas ou comedor escolar:

Máis información en:

Orientaciones Educativas recollidas nos protocolos da Consellería Educación

Na táboa de abaixo tedes algúns dos protocolos existentes. Están editados e soamente inclúen as páxinas coas orientacións educativas.

Os protocolos son documentos que recollen cómo se debe actuar en determinados casos cando existe unha circunstancia especial do alumnado (TEA, TDAH, absentismo, dislexia, etc.). Son un recurso dispoñible para tódolos docentes coa idea de funcionar como unha guía de apoio ao alumnado.

 

Dislexia e dificultades da aprendizaxeTrastorno do espectro Autista (TEA)TDAH 
   
Discapacidade Intelectual e Sindrome de DownAtención en urxencias sanitarias e atención educativa ao alumnado con enfermidade crónica Altas capacidades intelectuais
  
Guía para o desenvolvemento do plan de benestar emocionalProtocolo educativo acoso e ciberacoso escolar 

Ferramenta de videoconferencia FALEMOS

É a plataforma de videconferencia da Consellería de Educación que vai permitir a realización de reunións virtuais ou interactuar en tempo real co alumnado. Está dispoñible para todo o profesorado que imparte docencia en centros educativos de Galicia e que dispoña dunha conta de docente no dominio @edu.xunta.gal

Acceso á plataforma:

Manual de uso da plataforma:

Servizo de Comunicación AbalarMóbil para os docentes

portal espazoAbalar é unha canle de comunicación comunicación entre o profesorado e as familias. Podedes enviar mensaxes aos pais ou titores legais, tanto de xeito individual como dun grupo completo e, opcionalmente, permitir que respondan á mensaxe iniciando así unha conversa con elas. Disponse de varias funcionalidades de mensaxería:

  • mensaxes privadas
  • mensaxes de difusión
  • mensaxes tipo sala

Así, coas mensaxes privadas para grupos enviadas polo profesorado, os pais van poder comunicarse mantendo a privacidade. A única diferenza é que o profesor vai poder personalizar os contidos (nas mensaxe privadas), ou notificacións de interese para todo o grupo (mensaxes de difusión).

Pola súa parte, as mensaxes tipo sala, permiten crear novas comunicacións dirixidas ás persoas responsables do alumnado. Neste caso a selección faise por grupos completos e as respostas que se envían son visualizadas por cada integrante da sala que teña aceptado participar no chat.

Unha vez enviada a mensaxe, os pais ou titores legais que estean subscritas ás notificacións recibirán avisos na aplicación abalarMóbil instalada nos seus móbiles.

Videotitoriais:

 

abalarPro

A maiores da páxina web Abalar podedes empregar a aplicación abalarPro que permite aos docentes contactar coas familias do alumnado a través de mensaxería. Podedes enviar mensaxes individuais, a grupos ou en distintas salas de chat dunha maneira fácil e cómoda.

Distribuir contido



by Dr. Radut