Skip to Content

Novas destacadas do noso colexio

presiona nas notas amarelas para ir ás ligazóns

Panel de novas do CEIP Otero Pedrayo Actividades para casa no tempo do coronavirus Instrucións da Consellería sobre o desenvolvemento do 3º trimestre Novo prazo de admisión de novo alumnado Xornada única curso 2020/2021

LIBROS E MATERIAL - CURSO 2020-2021

AS LISTAXES DO  ALUMNADO CON AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR ESTÁ A DISPOSICIÓN NA SECRETARÍA DO CENTRO.

  • A ENTREGA DOS CHEQUES DE LIBROS DE 1º E 2º E DE MATERIAL ESCOLARSERÁ ATA O DÍA 17 DE XULLO DE 10:30 A 13:30 HORAS OU DENDE O DÍA 1 DE SETEMBRO NA SECRETARÍA DO CENTRO

LIBROS DE TEXTO CURSO 2020-2021

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020-2021 DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

 

 

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO CURSO 2020-2021

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDAS/OS PARA O CURSO 20/21

 

Están publicadas no centro as listaxes definitivas de admitidas/os para o vindeiro curso 2020/2021.

En cumprimento da normativa de protección de datos, non podemos mostralas na web nin poden estar visibles de cara ao exterior.

Informamos de que todas as solicitudes para 4º de infantil (3 anos) foron admitidas.

MOCHILAS VIAXEIRAS

 

O ALUMNADO QUE  NON ENTREGOU NO COLEXIO AS MOCHILAS VIAXEIRAS PODE FACELO DO 15 AO 19 DE XUÑO DE 10:00 A 13:30 H. NA SECRETARÍA DO CENTRO

AXUDAS ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO DE BEGONTE CURSO 2019-20

Aberto o prazo de presentación de axudas de escolarización do Concello de Begonte. Ligazón ao anuncio.

Prazo de presentación: 21/05/2020 - 19/06/2020.

Pódese solicitar a axuda na sede electrónica do Concello de Begonte, ticando en Tramitación electrónica (ou procesamento electrónico) en Axudas escolarización (material escolar) 2019-2020. 

*Nota: Para poder realizar a solicitude a través da sede electrónica do Concello de Begonte e necesario identificarse electrónicamente con certificado dixital de persoa física, ou dni electrónico, ou clave concertada.

Desde este ano e de acordo ca Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, art.14.1 Dereito e obligación de relacionarse electrónicamente coas administracións públicas: "As persoas físicas poderán elexir en todo momento si se comunican coas administracións públicas para o exercicio dos seus dereitos e obligacións a través de medios electrónicos ou non...", e segundo o art.16.4: "Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das administracións públicas podrán presentarse: a) No rexistro electrónico da Administración u Organismos aos que se dirixa, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refiere o artículo 2.1", este art. 16.4 sigue con las letras b), c), d), e), estás opcións xa se tiñan a disposición.

Debido a situación de pandemia ocasionada polo COVID-19, desde o 11 de maio solo se atenderá no Concello con Cita previa, pero o REXISTRO PRESENCIAL non necesita Cita Previa, deberán seguir as instrucións indicadas polo persoal do Concello para acceder as oficinas.

Desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20

Foron publicadas no portal educativo da Xunta de Galicia as novas instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre, que conteñen indicacións tamén para os colexios de Educación Infantil e Primaria, nas páxinas 9-10 do documento.

Recolle aspectos como a programación e o desenvolvemento das actividades de ensinanza-aprendizaxe, a avaliación, a promoción do alumnado dos distintos cursos e niveis, tendo en conta tamén as necesidades do conxunto da comunidade educativa, desde os docentes, ata o alumnado e as súas familias.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

En relación ás axudas para libros de texto e material escolar para o vindeiro curso escolar 2020/2021, informámoslles que a Orde do 12 de maio (DOG do 19 de maio de 2020) recolle o procedemento polo que se levarán a cabo ambas solicitudes e o procedemento de devolución dos libros, tanto os recibidos do fondo solidario como os adquiridos das axudas do 2019/2020.

Devolución dos libros de texto do curso 2019/20 e gravación na aplicación:

  • Debido as circunstancias motivadas polo COVID-19, a devolución e recollida dos libros do curso 2019- 2020 poderá realizarse ata o 7 de xullo.

Xestión de solicitudes de libros de texto e de material escolar do curso 2020/21:

Hai diferentes modalidades :

  • Os alumnos de 1º e 2º de E.P recibiran axudas para adquisicións de libros e os de 3º,4º,5º e 6º participarán no fondo solidario de libros.
  • Os alumnos/as que cursarán 3º,4º, 5º e 6º E.P no próximo curso usarían os libros dos alumnos/as dos cursos anteriores e nos cursos que non chegaran habería que completar exemplares mediante adquisición complementaria.

Forma de presentación:

  • Para a presentación electrónica: entre na aplicación Fondo Libros e prema no botón da esquina superior dereita da pantalla ou facendo clic aquí.
  • Para presentación presencialmente no colexio: utilice os anexos I e o anexo II (pódense baixar tamén nos arquivos adxuntos) da Orde de convocatoria. Poderanse presentar no colexio ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Nota: presentarase unha única solicitude para todos os irmás matriculados no noso colexio.

Prazo:

  • O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación da Orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído.

Documentación:

  • A solicitude (anexo I) e o Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  • Copia do libro de familia que figuren tódolos membros da unidade familiar
  • No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar deberá presentarse o documento emitido polo organismo competente que acredite esta circunstancia a 31 de decembro de 2018.
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Para ter máis información sobre as ditas axudas poden consultalo procedemento no portal educativo, no DOG do día 19 maio de 2020 ou dirixirse telefónicamente ao noso centro.

Resumo:

Reábrese o procedemento de admisión de alumnado para o curso 2020/21

Infórmase aos pais que desexen solicitar praza no noso centro educativo, para o curso 2010-2021, de que o prazo de admisión de alumnado se reiniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes (ver DOGA).

O formulario de solicitude (Anexo 2) está dispoñible:

Axudas extraordinarias comedor escolar COVID-19

Informamos a todas as familias, usuarias do comedor escolar, que a Consellería de Educación convoca unha liña de axudas de carácter directo ao alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19. Ver a Orde do 27 de marzo de 2020.

Distribuir contido



by Dr. Radut