Skip to Content

Fondo Libros

PARTICIPACIÓN no FONDO SOLIDARIO de libros de texto e AXUDAS para libros e material escolar

 

Do 21 de maio ao 21 de xuño, as familias poderán realizar as súas peticións para o próximo curso nas axudas de libros, fondo solidario e bono de material. As dúas modalidades para presentar a solicitude de participación son electrónica ou manual:

  • Electrónica. É necesario CHAVE365 ou outro certificado dixitalCréase unha nova solicitude na aplicación FondoLibros (una por fillo ou filla) e, a continuación, preséntase na sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal
  • Manual. Enchendo os Anexos I e II da convocatoria e entregándoos na secretaría do colexio.

Máis información:

Normativa:

  • ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Nota importante: A convocatoria integra as diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino; é dicir, fondo solidario de libros de texto para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. As axudas para adquirir libros de texto son para 1º e 2º de primaria e axudas para adquirir material escolar para o alumnado matriculado na educación primaria.

Distribuir contido



by Dr. Radut