Skip to Content

CP. Inclúe

Morriña por Rosalía!

 

Actividades e recursos sobre esta increíble autora.


 

 

Para lembrar a Rosalía e levala preto do corazón os equipos de dinamización da lingua e biblioteca ofertan un obradoiro de chapas. Animádesvos a participar?

 

#morriñaporRosalía

Día mundial de concienciación sobre o autismo

25 DE NOVEMBRO

MANIFESTO DE COMPROMISO E TOLERANCIA CONTRA A VIOLENCIA

Dende o noso cole, O RUXIDOIRO, os nenos e nenas queremos a eliminación de todo tipo de violencia: física e verbal.
Non temos que ser amigos por obrigación, pois esa amizade non funcionará como tal pero si temos que ser compañeiros e compañeiras.
Os compañeiros/as respéctanse aínda que non compartan ideais, xogos, gustos, etc.… sexamos máis TOLERANTES.
Sabemos que todos somos diferentes, que cada un de nós ten una forma de ser, de pensar, de vestir ou de comportarse. Por iso debemos respectar a diversidade, porque todos somos diversos e pensar en TOLERANCIA.
Hoxe e tódolos días do ano dende as aulas e dende as nosas casas, coa axuda dos nosos Mestres e das nosas familias e tamén daquelas institucións que queiran sumarse.
A bondade e a responsabilidade comeza en cada un de nós.
Por iso, ímonos comprometer a:
 - Denunciar ou dar a coñecer, todo tipo de violencia ante os nosos mestres, pais ou autoridades.
- Apoiar aos compañeiros/as que toman medidas e iniciativas ante situacións violentas no noso centro.
- Crear o banco da AMIZADE, nos patios de recreo, para solidarizarnos e apoiar en todo, a aqueles e aquelas que se sintan intimidados e intimidadas.
- Protexernos con respecto e o compañeirismo.
- A forza e a violencia, solo provocan máis violencia. REXEITÉMOLA.
- Ser inclusivos, tolerantes e respectuosos cos demais , na escola, nas rúas, nas nosas casas e naqueles lugares onde haxa que CONVIVIR .

 

Contratos Programa Inclúe

 

 

-       INCLÚE-T

-       CONVÍVE-T

-       IGUALA-T

Distribuir contenido


by Dr. Radut