Skip to Content

Último Ruxi Club deste trimestre

O venres 17 de decembro tivemos a última reunión do Club de Lectura antes das vacacións de Nadal.

Había que ler ata o capítulo 9 incluído, pero estes rapaces e rapazas son tan xeitosos que moitos xa leron todo o libro, "El Club de los raros". A sensación que transmitiron os lectores e lectoras foi que lles gustou moito e que se poden sacar moitas reflexións con este libro.

Á volta das vacacións de Nadal retomaremos esta lectura e daremos por finalizado o libro.

Aproveitando que era a última reunión antes do Nadal e os responsables da biblioteca e do club de lectura estamos tan contentos coa evolución e resposta do Ruxi Club... que decidimos que os nenos e nenas do Club merecen un pequeno agasallo pola súa implicación, entusiasmo e interés.

Boas festas e boas lecturas!

 

                   



page | by Dr. Radut