Skip to Content

SAMAIN 2020

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow design generated with Smilebox

SOLICITUDE PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

VIDEOTITORIAL ACCESO Á AULA VIRTUAL PARA FAMILIAS

Ponse á disposición da comunidade educativa o seguinte videotitorial sobre o acceso á aula virtual.

No CEIP O Cantel empregarase a aula virtual, nos supostos de educación a distancia, cos cursos de 3º e 4º de Primaria, xa que 5º e 6º continuarán a traballar coa plataforma EVA E-Dixgal.

 

INSCRICIÓN NOVOS COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS DO COMEDOR

O pasado 15 de outubro, o Consello da Xunta autorizou de xeito excepcional, no caso de non contar no comedor escolar co número necesario de colaboradores que sexan persoal funcionario e laboral destinado no colexio ou pais e nais, titores legais e acolledores familiares dos alumnos escolarizados nel, a estender aos familiares convivintes, que residan no mesmo domicilio dos menores comensais, a posibilidade de colaborar voluntariamente, nos mesmos termos previstos na lexislación sectorial de aplicación para os restantes colaboradores.

A excepcionalidade desta medida condiciona a súa vixencia, que rematará no momento no que deixen de aplicarse as medidas educativas e sanitarias abordadas para paliar apandemia do COVID-19.

Os solicitantes para seren inscritos deberán aportar unha declaración xurada de que conviven no mesmo domicilio que algún dos menores comensais. Tamén terán que entregar un certificado negativo do Rexistro Central de Delincuentes Sexuaisde non ter sido condenado por sentenza firme por delito algún contra a liberdade e indemnidade sexual. Por último, contarán coa autorización do pai, nai, titor legal ou acolledor familiar do alumno comensal co que convivan para colaborar no comedor escolar.

Os convivintes admitidos como colaboradores cesarán na súa actividade voluntaria no comedor escolar no caso de que no centro de ensino se reciba petición de colaborar proveniente de persoal funcionario e laboral destinado no colexio ou de pais, nais, titores legais e acolledores familiares do alumnado escolarizado no centro.

O Consello da Xunta tamén acordou modificar as contías das compensacións económicas a percibir. O importe diario como colaborador/a de atención e vixilancia dos menores comensais en comedores de xestión directa será de 12,50€ por día de asistencia efectiva ao comedor.

Este acordo surtirá efectos dende o 1 de outubro de 2020.

PUBLICACIÓN DOCUMENTOS CONTEXTO COVID CURSO 2020/2021

Achéganse os seguintes documentos:

Plan de Adaptación ao contexto Covid no CEIP O Cantel

Plan de Acollida CEIP O Cantel

Plan de Continxencia CEIP O Cantel

Estes documentos poderán sufrir modificacións a medida que o curso avance e segundo as circunstancias.

Distribuir contido


by Dr. Radut