A dirección de correo electrónico para poñervos en contacto comigo para dúbidas que vos xurdan sobre a asignatura de música e para enviar as fichas interactivas é a seguinte:
Ola nenos, nenas e familias! Para aqueles que queirades repasar conceptos de música, propoño os seguintes xogos da páxina "APRENDO MÚSICA CON LAS TIC". Espero que disfrutedes moito. Un bico.
Chegou o tan merecido descanso! Nesta última semana de clase, igual que na anterior, non vos pido nada para que me enviedes, só que participedes nas miñas propostas.
1º e 2º
LINGUAXE MUSICAL
Comezaremos cunha actividade que nos permitirá comporbar canto de música sabedes, e non pensedes que é un exame, trátase dun xogo.
No blog quedan os vídeos, fichas e xogos que fixemos ao longo deste 3º trimestre. Espero que vos gustaran e que disfrutárades practicando música con estas actividades de repaso.
Non quixera despedirme sin agradecer a todos e todas o voso esforzo e dedicación. Bo traballo familias!!!
Ola a todos e todas! Veña ese sprint final que xa ule a verán!
DE 1º a 4º
EDUCACIÓN AUDITIVA
Esta semana imos repasar 4 notas DO, MI, SOL e LA. Esta actividade consiste en recoñecer estes 4 sons que interpreta un carillón e logo sinalalos. No vídeo fano cos pés no chan, pero si queredes tamén se pode facer coas mans na mesa.
INSTRUMENTOS
Recordade que este mércores 10 remata o prazo para enviarme ao correo (evabarciagarcia@gmail.com)foto do instrumento que construídes ou presentalo no colexio se non tedes correo electrónico, xunto coas fichas de imprimir .
Podemos facer música con material escolar e non fai falla estar no cole, dende a casa tamén o podedes facer.
O mes de xuño recórdame ao FESTIVAL DE FIN DE CURSO. Propóñovos practicar unha coreografía. Aparecen secuenciadas de menor a maior dificultade pero podedes velas todas e aprender a que máis vos guste.
Para aqueles participantes nos retos que non se viron ou para aqueles que non participaron, pero aínda no viron aos compañeiros nestas proezas, déixovos os enlaces dos retos.
Esta semana imos repasar 4 notas DO, MI, SOL e LA. Esta actividade consiste en recoñecer estes 4 sons que interpreta un carillón e logo sinalalos. No vídeo fano cos pés no chan, pero si queredes tamén se pode facer coas mans na mesa.
INSTRUMENTOS
Recordade que este mércores 10 remata o prazo para enviar ao meu correo (evabarciagarcia@gmail.com)foto do instrumento que construídes ou presentalo no colexio se non tedes correo electrónico, xunto coas fichas de imprimir (Pentagrama e a partitura de “A saia da Carolina” para traballar o punto e aligadura)
Podemos facer música con material escolar e non fai falla estar no cole, dende a casa tamén o podedes facer.
O mes de xuño recórdame ao FESTIVAL DE FIN DE CURSO. Propóñovos practicar unha coreografía. Aparecen secuenciadas de menor a maior dificultade pero podedes velas todas e aprender a que máis vos guste.
Ola nenos, nenas e familias! Disfrutástedes o solete da semana pasada? Veña ese "sprint" final que xa queda menos!
LINGUAXE MUSICAL
DE 1º a 4º
Estamos a repasar a DURACIÓN dos sons. As notas disfrázanse coas FIGURAS para que os sons sexan LONGOS ou CURTOS. A semana pasada traballamos as corcheas, a negra e o seu silencio. Mirade este vídeo
Esta semana incluímos a branca (blanca). É unha figura que dura o dobre da negra. (Recordade cando comparávamos o valor das figuras coas monedas: branca 2€, negra 1€ e as dúas corcheas dúas monedas de 50 cts) Para practicar coa branca propóñovos este xogo.
E por último cubrir a ficha interactiva. Non trae enunciado, así que explícovos en que consiste. Son dous exercicios, no de arriba hai que unir a columna da esquerda coa da derita e no de abaixo completar (Está en castelán e recordade o valor das figuras)
PARA 5º E 6º
Estamos a repasar a DURACIÓN dos sons. As notas disfrázanse coas FIGURAS para que os sons sexan LONGOS ou CURTOS. Neste vídeo preséntannos as semicorcheas. Trátase da figura que dura a metade dunha corchea. No tempo que diríamos unha negra, temos que dicir catro semicorcheas.
Para poñer en practica o apartado anterior xogaremos a facer ritmos.
E por último unha ficha interactiva con Semicorcheas.
Para poñer o corpo en forma imos a bailar. Pero atentos, cando a música deixe de soar, ti terás que parar de bailar. Imos xogar ó xogodas estatuas de xeo e polo tanto conxelado quedarás!
INSTRUMENTOS
Os instrumentos clasifícanse en tres grandes familias: Instrumentos de percusión, instrumentos de vento e instrumentos de corda.
DE 1º a 4º
É o turno de ver os instrumentos de corda. Aquí tedes un vídeo.
PARA 5º E 6º
Vídeo instrumentos de cuerda.
PARA TODOS (De 1º a 6º)
Neste mes de xuño, o día 17, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO INSTRUMENTO, é por iso que vos pido construír un instrumento. Propóñovos varios vídeos aínda que me levades desmostrado que vós xunto coas vosas familias tedes unha grande capacidade inventiva e quizás non os precisedes.
Cando o teñades listo enviádeme unha foto ao meu correo evabarciagarcia@gmail.com xunto co nome do neno ou nena e curso. Prazo de entrega ata o 12 de xuño.
Para os que non tedes correo electrónico haberá uns días dispoñibles a próxima semana (do 8 ao 12) nos que podedes facer entrega do instrumento xunto coas fichas de imprimir que aínda non entregástedes. Avisarei o luns 8 a través das titoras e no blog do día de entrega.