SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

Ola nenos, nenas e familias! Disfrutástedes o solete da semana pasada? Veña ese "sprint" final que xa queda menos!

LINGUAXE MUSICAL

DE 1º a 4º

Estamos a repasar a DURACIÓN dos sons. As notas disfrázanse coas FIGURAS para que os sons sexan LONGOS ou CURTOS. A semana pasada traballamos as corcheas, a negra e o seu silencio. Mirade este vídeo

Esta semana incluímos a branca (blanca). É unha figura que dura o dobre da negra. (Recordade cando comparávamos o valor das figuras coas monedas: branca 2€, negra 1€ e as dúas corcheas dúas monedas de 50 cts) Para practicar coa branca propóñovos este xogo.

E por último cubrir a ficha interactiva. Non trae enunciado, así que explícovos en que consiste. Son dous exercicios, no de arriba hai que unir a columna da esquerda coa da derita e no de abaixo completar (Está en castelán e recordade o valor das figuras)

PARA 5º E 6º

Estamos a repasar a DURACIÓN dos sons. As notas disfrázanse coas FIGURAS para que os sons sexan LONGOS ou CURTOS. Neste vídeo preséntannos as semicorcheas. Trátase da figura que dura a metade dunha corchea. No tempo que diríamos unha negra, temos que dicir catro semicorcheas.

Para poñer en practica o apartado anterior xogaremos a facer ritmos.

E por último unha ficha interactiva con Semicorcheas.

 

MÚSICA E MOVEMENTO

Para poñer o corpo en forma imos a bailar. Pero atentos, cando a música deixe de soar, ti terás que parar de bailar. Imos xogar ó xogo das estatuas de xeo e polo tanto conxelado quedarás!

INSTRUMENTOS

Os instrumentos clasifícanse en tres grandes familias: Instrumentos de percusión, instrumentos de vento e instrumentos de corda.

DE 1º a 4º

É o turno de ver os instrumentos de corda. Aquí tedes un vídeo.

 

PARA 5º E 6º

Vídeo instrumentos de cuerda. 

 

PARA TODOS (De 1º a 6º)

Neste mes de xuño, o día 17, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO INSTRUMENTO, é por iso que vos pido construír un instrumento. Propóñovos varios vídeos aínda que me levades desmostrado que vós xunto coas vosas familias tedes unha grande capacidade inventiva e quizás non os precisedes.

Instrumentos musicales con material reciclado:

Vídeo 1. Construir instrumhttps://instrumentosmusicales10.net/instrumentos-musicales-material-reciclado

Vídeo 2. https://www.youtube.com/watch?v=7sUNXA4NYKI

Vídeo 3. https://www.youtube.com/watch?v=XSQ-fRTtbaA.

Cando o teñades listo enviádeme unha foto ao meu correo evabarciagarcia@gmail.com xunto co nome do neno ou nena e curso. Prazo de entrega ata o 12 de xuño.

Para os que non tedes correo electrónico haberá uns días dispoñibles a próxima semana (do 8 ao 12) nos que podedes facer entrega do instrumento xunto coas fichas de imprimir que aínda non entregástedes. Avisarei o luns 8 a través das titoras e no blog do día de entrega.

 

Que teñades unha boa semana!!!

Eva