SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

 Ola a todos e todas!  Veña ese sprint final que xa ule a verán!

 

DE 1º a 4º

EDUCACIÓN AUDITIVA

Esta semana imos repasar 4 notas DO, MI, SOL e LA. Esta actividade consiste en recoñecer estes 4 sons que interpreta un carillón e logo sinalalos. No vídeo fano cos pés no chan, pero si queredes tamén se pode facer coas mans na mesa.

 

INSTRUMENTOS

Recordade que este mércores 10 remata o prazo para enviarme ao correo (evabarciagarcia@gmail.com) foto do instrumento que construídes  ou presentalo no colexio se non tedes correo electrónico, xunto coas fichas de imprimir .

Podemos facer música con material escolar e non fai falla estar no cole, dende a casa tamén o podedes facer.

Agora un xogo para comprobar se recoñeces o timbre (ou son) de cada instrumento.

 

MÚSICA E MOVMENTO

O mes de xuño recórdame ao FESTIVAL DE FIN DE CURSO. Propóñovos practicar unha coreografía. Aparecen secuenciadas de menor a maior dificultade pero podedes velas todas e aprender a que máis vos guste.

1. I like to move it (Zumba)

2. Electronic Song Minions

3. Con calma

4. Dance Monkey

 

Para aqueles participantes nos retos que non se viron ou para aqueles que non participaron, pero aínda no viron aos compañeiros nestas proezas, déixovos os enlaces dos retos.

RETO 1: Ritmo coas mans (D3e 3º a 6º).

RETO 2: Percusión corporal Boom, Snap, Clack, Shh! (De 1º a 3º).

Graciñas pola vosa participación!!!

 

PARA 5º e 6º

EDUCACIÓN AUDITIVA

Esta semana imos repasar 4 notas DO, MI, SOL e LA. Esta actividade consiste en recoñecer estes 4 sons que interpreta un carillón e logo sinalalos. No vídeo fano cos pés no chan, pero si queredes tamén se pode facer coas mans na mesa.

 

INSTRUMENTOS

Recordade que este mércores 10 remata o prazo para enviar ao meu correo (evabarciagarcia@gmail.com) foto do instrumento que construídes ou presentalo no colexio se non tedes correo electrónico, xunto coas fichas de imprimir (Pentagrama e a partitura de “A saia da Carolina” para traballar o punto e aligadura)

Podemos facer música con material escolar e non fai falla estar no cole, dende a casa tamén o podedes facer.

Agora un xogo para repasar os instrumentos da orquestra.

 

MÚSICA E MOVMENTO

O mes de xuño recórdame ao FESTIVAL DE FIN DE CURSO. Propóñovos practicar unha coreografía. Aparecen secuenciadas de menor a maior dificultade pero podedes velas todas e aprender a que máis vos guste.

1. I like to move it (Zumba)

2. Electronic Song Minions

3. Con calma

4. Dance Monkey

 

Que o pasedes moi ben esta penúltima semana de cole!!!

Eva