Son moitos os contos e aventuras que podes atopar na biblioteca. Nós recomendámosche algúns pero cando acudas alí, non dubides en buscar estes e outros.
Se che gustou algún moito contacta con nós e recoméndao a máis nenos e nenas para que todos o lean.
As nosas recomendacións son:
|
Para a Educación Infantil gústanos moito o conto " Ola, son a lúa ! "
Neste conto a Lúa quere que a coñezas, que xogues con ela a contar as estrelas.
Escribiuno e ilustrouno Ánxeles Ferrer e editouno Xerais dentro dunha colección chamada Montaña Encantada.
|
|
Se tes de 6 a 8 anos gustaríanos que leras este conto " O grilo Gastón "
Ao grilo Gastón tróuxoo o mar dende un país lexano. No seu novo fogar todos lle queren axudar; todos, agás o escarabello Dario que non está disposto a que o griloconviva con eles.
Escribiuno e ilustrouno Ánxeles Ferrer.
|
|
Se estás en 3º ou 4º non deixes de ler este conto titulado " Aiko " .
Aiko naceu canda a cerdeira do pequeno horto da casa. A vida leva a seu pai a emigrar a un país máis próspero, pero antes de marchar faille a Aiko unha promesa: cando chegue a primavera el regresará.
Escribiuno e ilustrouno Ánxeles Ferrer e editouno Xerais.
|
|
Os maiores de 10 anos teñen este libro "Selim, el vendedor de alegría".
Selim é un pequeno que se dedica a vender alegría aos habitantes da cidade de Estambul.Pero un día desaparece Yazi o seu coello blanco da sorte. Salim coñece entón a Zuffi e xuntos enfrentaranse a un montón de aventuras.
Está escrito por Jacqueline Cervon e editouno Bruño.
|